lunes, 16 de noviembre de 2009

¡¡ QUE SORPRESA !!



A mamá de Marcela trouxonos novas do primo do loro Laretas que vive no Perú. Lémolo no blog e ademais aprendemos moitas cousas sobre ese país. Animámosvos a lelo.
Despois Marcela nos deu a cada un o agasallo que nos enviou. ¡Menuda a que montamos na clase!. Non parabamos de falar de berrar, xogando con nosos paxariños, así que a profe suxeriu facer unha casiña para cada un co seu debuxo e deste xeito non se nos perderán.


Despois pensamos en como agradecer este fermoso agasallo, e, a maioría dos cativos pensamos en facer unha obra de teatro ..."porque son títeres como os que se ven no teatro".
Agora temos un grande traballo por diante: investigar como se escribe un acto teatral; características, formato do texto, contido para cada personaxe.... e diseño e grabación da nosa representación.
Pero con tempo farémolo e o subiremos ao blog.


De parte de "os laretas" moitííííísimas grazas á mamá de Marcela pola súa colaboración.

martes, 10 de noviembre de 2009

FESTA DO MAGOSTO

Chegou a festa do magosto e esta semana os laretas disfrutamos a mogollón. Primeiro preparamos unha cesta na clase cun cartón de leite ou zume, baleiro.
Aprendemos duas adiviñas que nos enviou o loro Laretas por mail e fixemos un mural no corredor con refráns e poemas do magosto.
¡A ver se as adiviñades!
Alta estou
capotiña teño
se ven o vento
non o deteño.
Para os que non acertaron , unha pista:
Son de cor chocolate
ábrense coa calor,
e se as metes no forno
estoupan con grande sabor.
Hoxe baixamos ao patio co resto dos nenos/-as do cole e alí fixemos seis xogos: trompos, carreiras de sacos, a castaña na culler, o "pañuelito", o xogo da rá, e o da corda. Logo comemos castañas asadas e a bailar grazas a música do "DJ"da festa.
¡Ah tamén tivemos fotógrafo oficial!.
Ahí vai un pequeno adianto.







jueves, 5 de noviembre de 2009

UNHA VISITA ESPECIAL


Hoxe o noso compañeiro Roi trouxo a clase os seus periquiños. Poidemos observar que cores teñen, como son as suas patas, o peteiro e os buratos para respirar e, ata como se balancean e se miran ao espello.

Roi explicounos que comen sementes e froita e beben auga; e que ás veces lle dan un baño con auga e xabrón.
Ademais como xa vimos uns videos do nacemento dos loros, que nos enviaron por correo a clase de 4 anos dos Coelliños Brancos, xa todos sabiamos que os periquiños naceran de ovos e que son animais vertebrados porque teñen ósos coma nós.

Despois escribimos a noticia para que todos se enteraran e.....a fixemos tan ben que a clase de 3º B pediulle os periquiños a Roi para levalos uns minutiños a sua clase.

Velaí van unhas fotos e algunha das noticias feitas na clase.



lunes, 2 de noviembre de 2009

FESTA DE SAMAÍN

Os Laretas estivemos moi ocupados o pasado venres conmemorando a festa do Samaín. Fixemos caretas de esqueletes, aprendemos unha poesía e o significado da festa, limos historias de medo á escuras, somentes coa luz dunha cabaza, e fixemos un mural no corredor para anunciar a festa aos nosos compañeiros.
Despois coas nosas caretas fomos polas aulas de primaria a asustar a nenos/-as e mestres, e recitarlle a poesía que aprendemos.
Despois do recreo, tocoulle o turno aos pequenos de infantil. Fomos moi contentos a asustar aos compañeiros da clase dos "Coelliños Brancos", a clase de Manolo, pero ao chegar alí atopámonos coa entrada dun castelo tenebroso que tivemos que traspasar, e dentro ........dentro estaban agochados todos os nenos/-as e un bruxo malvado que nos meteu un susto........ senón botade un ollada ao video.

¿OS LOROS TEÑEN DENTES?

Neste primeiro proxecto, aos Laretas interésanos saber como son os loros; en que se parecen e se diferencian de nós; que comen, por que falan, como nacen e moitas outras cousas.
Para empezar buscamos entre os poemas de Gloria Fuertes e xa aprendemos un sobre os paxaros. ¿Que vos parece?

Agora seguimos a investigar na biblioteca, no ordenador, e ata lle escribimos un correo ao loro Laretas para que nos envie información .

viernes, 30 de octubre de 2009

¡¡XA TEMOS CARNET!!



Empezamos o noso primeiro proxecto de investigación deste curso cun experimento no laboratorio. Para iso necesitamos un carnet de acceso e o Loro Laretas non dubidou en facilitarnos un que iremos enchendo con todas as estrelas acadadas ao obter bos resultados nas nosas investigacións.




¡¡¡Mirade que guai!!!

martes, 13 de octubre de 2009

¿QUEN SOMOS?

Somos dezaoito laretas incansables que non paramos de laretar. A culpa tenna o noso amigo O Loro Laretas que anda polo mundo adiante buscando a sua voz e se atopa cunha morea de atrancos que nós temos que solucionar.
Este día, enviounos un correo pedindo a nosa foto para facernos un carnet de lareta e puxémonos mans a obra.

¡Botade unha ollada!
Carla, Carmen, Adrián

Esteban, Elena, Jennifer

Luís Carlos, Lucas, Jessica
Pedro, Marcela, Marta

Roberto, Roi, Ruth
Sete, Xián, Yago