Laretas, como vexo que esta vez resolvestes o enigma con rapidez, déixovos algunha información sobre o lugar no que estiven esta semana. Xa sabedes que sigo a percorrer a provincia de Pontevedra, aínda que xa estou a cavilar en viaxar a mais lonxe.
Estiven nun lugar moi preto de Vigo onde acostuman a festexar tradicións moi galegas como os Maios ou a festa da Coca nesta última facendo alfombras de flores. Por certo, ¿coñecedes a historia da Coca?
Conta a lenda que fai séculos vivía cerca de Redondela un dragón que de cando en vez achegábase á vila para levar a unha xoven a súa cova. Así o fixo varias veces, ata que os xóvenes mariñeiros, armados de coraxe, un día acordaron encararse ao monstruo. Así o fixeron e despois dunha dura loita sairon victoriosos. Xa vencido trouxérono ao pobo, ao mesmo tempo que liberaron ás xóvenes que tiña na cova. Foi aquí, en Redondela, despois de que o dragón dera os seus últimos suspiros, cando os valentes xóvenes, collendo as espadas uns a outros, empezaron a bailar arredor do dragón morto. ¿Aínda non sabedes onde estiven?. Aquí van mais pistas.
Os Laretas xa conseguimos resolver dous novos desafíos matemáticos que nos levaron a descubrir donde estivo a nosa mascota durante este último mes. A cousa non foi doada, a pesares de que sabiamos que seguía a viaxar pola provincia de Pontevedra.
Despois de estares nos Muiños do Folón en Oia, o Loro Laretas viaxou ata a illa da Toxa. Difícil de descubrir ata que nos falou sobre a elaboración dun xabón que leva ese mesmo nome.
Da Illa da Toxa viaxou ata Campo Lameiro e grazas a él poidemos saber cousas sobre os petroglifos. Ao primeiro resultounos rara esta palabra pero despois de averiguar o significado de "Petra" e de "Glifos" ata nos atrevemos con novas palabras que coñeciamos: petrificado, petreo, petrificar...
Para saber mais ,vimos este video
Xa está aquí o Samaín e os Laretas estamos a investigar sobre as bruxas.Ahí vai unha terrorífica reportaxe froito das investigacións lareteiras sobre estas embruxadas personaxes.
Este curso o Loro Laretas convidounos a descubrir Galicia, as súas tradicións, costumes e algúns dos seus lugares mais emblemáticos.
¿Como o imos facer?
Pois ben, cada semana a nosa mascota, o Loro Laretas, deixa un desafío matemático para que o resolvamos no prazo de quince días. Cando temos a resposta deixámola no buzón e, se acertamos, danos unha pista sobre o lugar que visitou durante esa quincena.
Despois tócanos a nós pescudar en atlas, mapas, internet.... para dar co lugar que visitou.
A verdade é que para os laretas o primeiro dos desafío foi doado. O Loro Laretas estivo en A Garda visitando os castros do Monte Tegra.De recordo trouxo un casco a clase e eso permitiunos investigar sobre os celtas e os castros.
Para saber mais podemos ver o seguinte video:
Despois descubrimos que, á semana seguinte, foi a O Rosal e alí estivo visitando os Muíños do Folón.
Xa estamos de novo aquí os Laretas laretiñas de 2º A e os laretóns de 2º B con moitas gañas de aprender cousas novas.
Este curso temos algunhas novidades que iremos desvelando pouco a pouco.
Xa sabedes que podedes colaborar con nós deixando os vosos comentarios que logo nós leremos na clase.
Xa non era sen tempo que poidesemos admirar esta gran obra do arte escénico protagonizada por semellante elenco de actor e actrices.
Sen máis preámbulos: "Cando martiño tivo ganas de mexar na noite de Reis"
Queredes ver unhas fotos de ese día? Pois aquí as tedes.
Hoxe Os Laretas de 1º A e B quixemos despedir o curso cunha xornada no parque de Castrelos.
Saimos do cole as 10:00 da mañá e fomos camiñando ata o parque. Unha vez alí preparamos a folla de investigación e, por parellas, escollemos unha das árbores para investigala: observamos o seu tronco, a sua copa e as follas e así puxemos en práctica o aprendido este último trimestre.
Despois chegou o momento de repoñer forzas e tomamos a merenda convidados polos mestres.
Para rematar a xornada nada millor que un pouco de xogo libre no parque.
Arredor das 13:00h volvemos para o cole e na metade do camiño sorprendeunos un lobisome que saiu da cafetería Novo París. ¡Vaia susto!