martes, 4 de mayo de 2010

OS MAIOS

O pasado venres 30 de abril, a clase dos coelliños brancos, de 4 anos, e nós fixemos UN MAIO.

Aprendemos que os maios son de orixe celta, e que se facían para conmemorar a chegada da primavera ou tempo de colleita, xa que era moi común naquela época o culto ao mundo vexetal e á fecundidade animal.


É esta unha tradición moi extendida por España como por exemplo en Cataluña, coñecidos como "les maiets", e por diversos países europeos como Rusia, Rumanía, Saxonia, Burdeos ou Francia.


En Galicia os maios facíanse, nuns casos, para pedir unha colleita abundante; chamábanse "alumear o pan ou danzas do pan". E outras veces para cantar coplas ás mozas con cruces de frores feitas nos camiños.


Os tipos de maios mais comúns son os maios-mozos nos que os mozos se visten con prantas e frores; e os maios figurativos: unha figura de paus cuberta de follas e frores.


Se queredes saber mais sobre os maios facede clic na imaxe.


Se queredes ver como fixemos o noso maio figurativo pinchade no álbum de fotos.

OS LARETAS E OS CASTROS

Os Laretas andamos a pescudar sobre a arte de Vigo ao longo da súa historia. Estamos metidos de cheo na cultura castrexa e seguiremos coa influencia dos romanos na nosa cidade. Andamos a construir poboados castrexos; ademais estamos a traballar nun obradoiro de coiro elaborando as nosas propias xoias.


Temos moitas preguntas ás que queremos dar resposta: onde vivían, que comían, a que se adicaban, como vestían , como se chamaban e que manifestacións artísticas nos deixaron.

Se queredes consultar as nosas fontes de información sobre esta etapa da historia facede clic na foto.

Agora que xa coñecemos algo mais da vida dos celtas en Vigo, imos imitalos; o primeiro que facemos éconstruir o noso castro para establecer un poboado no Monte do Castro. Engadímoslle un escudo cun nome celta .
Posto que sabemos que os celtas usaban o coiro para adornos, embarcacións ..., nós tamén traballamos con este material facendo xoias.



miércoles, 28 de abril de 2010

ABRAHAM CARREIRO VIU AO COLE

Onte tivemos unha sesión de ilustración a cargo de Abraham Carreiro, ilustrador de contos como PEL DE CROCODILO,O CAZADOR DE CAMBOIA ou LATCHO DROM.

Abraham presentounos aos protagonistas dos contos e explicounos como podemos dar cor aos nosos debuxos usando as cores cálidas ou frías.
Despois de escoitar as súas explicacións chegou a rolda de preguntas nos que os alí presentes participaron activamente.
Como agasallo Abraham Carreiro adicounos un dos seus debuxos para cada clase.
Pasámolo en grande, senón mirade as fotos.




jueves, 22 de abril de 2010

DÍA DO LIBRO

O 23 de abril é o Día do Libro e os Laretas queremos compartir con vós o que estamos a aprender sobre a orixe dos libros así como o manifesto que este ano a Unesco ofrece para conmemorar a data. Para poder lelo fai clic aquí.





Agora é hora de xogar a ser detectives intentando averiguar por que se adica un día ao libro. Ademais é unha boa oportunidade para aprender en familia.
¡Animádevos a facer clic aquí!

jueves, 8 de abril de 2010

GRAN ÉXITO DO RECITAL DE POESÍA

O pasado 22 de marzo fixemos o I Recital de Poesía no centro . Colaboraron cos Laretas, recitando poemas, a clase dos Coelliños brancos de infantil así como as dúas clases de terceiro de primaria.
Ademais, dende aquí, queremos agradecer aos pais, nais, avoas da clase dos Laretas que nos apoiaron recitando ou lendo varias poesías aos alumnos das aulas participantes. Incluso houbo quen se atreveu a escribir e lernos un poema propio.
O martes 23 pola tarde levamos a cabo o I Recital Poético para as familias donde os asistentes poideron coñecer as razóns fundamentais para ler, e disfrutar coas poesías lidas e recitadas polos seus fillos/-as .


miércoles, 17 de marzo de 2010

Despois de moito investigar sobre o clima centrámonos nos climas fríos e polares, e comenzamos unha viaxe pola Antártida, donde descubrimos aos esquimós.Con toda a información estamos a facer un estudo comparativo entre as nosas costumes e condicións de vida e as do pobo esquimal: hábitat, vivenda, vestido, alimentación, deportes, fauna, arte...