viernes, 4 de marzo de 2011

VISITA AO MERCADO MUNICIPAL DO CALVARIO

Os Laretas pasamos unha divertida mañá no mercado municipal do Calvario coñecendo alimentos da nosa terra nas súas variedades fresca e envasada.
Empezamos a xornada cun breve paseo pola rúa peatonal do Calvario e poidemos contemplar o estilo de vivenda antigua comparada cos edificios modernos. Ademais observamos a variedade de prantas ornamentais e árbores que atopamos pola rúa, fixándonos na súa folla, tronco,... aplicando os coñecementos adquiridos no proxecto de investigación dos bosques.
Tivemos a oportunidade de preguntarlle ao carniceiro, ao froiteiro e á florista si no mercado podíamos mercar algunhas das especies animais e vexetais dos nosos bosques e mira ti por donde atopamos: coello, e perdiz, e soubemos que tamén, noutras carnicerías, existe a posibilidade de atopar carne de cabalo , becerra ou xabarín....Atopamos castañas e froitos típicos do bosque tropical, e algunhas prantas aromáticas .







 

jueves, 10 de febrero de 2011

PAPIROFLEXIA

No cole estamos a investigar sobre os distintos tipos de bosques co gallo do Ano internacional dos Bosques (2011).
Para completar as nosas pescudas,esta semana contamos coa colaboración dunha nai lareteira, CRIS, a nai de Breixo Domínguez que viu a clase a ensinarnos cómo facer rás e saltóns de papel para o noso mural do corredor.
Pasámolo pipa e aquí  están os resultados.
 

miércoles, 2 de febrero de 2011

DÍA DA PAZ

O pasado venres 28 de xaneiro, e como xa é costume todos os anos, conmemoramos o DÍA DA PAZ no cole. A partires das 12:30 saímos ao patio e, antes da lectura do manifesto pola paz, elaborado polos alumnos/-as de 6º de primaria, fixemos xogos cooperativos organizados polos mestres de educación física. Alí estaba Rafa dirixindo e animando a participar a todo o alumnado e mestres.
Para finalizar unha canción: Funga Alafia.

 
Se queredes ver fotos da celebración de ese día no cole tamén poderedes facelo na galería da web do colexio ou ben clicando aquí.

No Atlantico Diario do mércores 2 de febreiro podedes ver unha reportaxe sobre esta actividade do centro.
Na clase traballamos este tema por medio dunha montaxe no EDI (encerado dixital). Podedes acceder a el por medio deste enlace, pero tende en conta que para abrir o documento precisades o programa.


jueves, 20 de enero de 2011

Comenzamos o 2º trimestre

Este trimestre empezamos cunha idea: como é o Ano Internacional dos bosques imos a investigar sobre eles.
O título do noso proxecto será: As árbores respiran e desenvolverémolo ao longo de todo o trimestre.
Queremos saber sobre tantas cousas...!

O que si temos claro son dous libros de cabeceira:
                                   
Con eles empezamos o noso traballo aproveitando o Día da paz (con Wangari) e descubrindo unha selva matemática da man da tartaruga Tuga.
                             

miércoles, 29 de diciembre de 2010

Os cumples de fin de ano

Faltábanos por ver a "festa rachada" que se montou no derredeiro cumple do 2010.
Os nenos e nenas que cumpliron en novembro e decembro invitáronnos a unha merendola de impresión.
Mirade que ben o pasamos e como "devoramos"!


E que ben sairon os homenaxeados!!!

lunes, 27 de diciembre de 2010

Felicitacións lareteiras

Aínda que está subida un pouco tarde (e que este loro ten moita vida social), aquí tedes a felicitación lareteira con todo o agarimo do mundo.

Bo nadal e mellor ano 2011!!!


Somos uns artistas

Quen o diría, verdade?
Estos Laretas xa son artistas consagrados!!!
Queredes velos en acción?
Moi ben, pero antes fixádevos no que colaboraron moitos papis e mamis.


E agora ...

Estades preparados?

Sentádevos que vai comenzar a función!

1ª parte: Globos de cores



2ª parte: Cando Martiño tivo ganas de mexar na noite de reis