miércoles, 16 de noviembre de 2011

SOMOS IGUAIS, SOMOS DISTINTOS

Este trimestre os Laretas andamos a pescudar sobre o corpo humano, as nosas diferenzas e similitudes.Sabemos unha chea de cousas pero aínda nos falta saber algo mais. Os laretas queremos saber:

 1. ¿Como cambia o noso corpo?
2. ¿Cantas razas de persoas hai no mundo?

3. ¿Qué pasaría se non tivesemos ósos?

4. ¿Para que sirven os músculos?

5. ¿Por qué sangramos cando nos ferimos?

6. ¿Cantas veces late o noso corazón nun día?

7. ¿Por qué cando respiramos se hincha o peito?

8. ¿Qué son os órganos dos sentidos?

9. Se non poidésemos falar nin ouvir, ¿Cómo nos comunicaríamos?

10. ¿Qué alimentos son os mais apropiados para coidar o noso corpo?

11. ¿Cómo se fai a dixestión?

12. ¿Cómo nos alimentamos no ventre de mamá?

13. ¿Por qué cambiamos os dentes?

14. ¿Por qué nos enfadamos, ou nos alegramos?

Para descubrir as respostas aos nosos interrogantes andamos ocupados facendo esperimentos no laboratorio, consultando internet, cubrindo enquisas coa familia,e lendo lendo moitos libros.Aquí temos algunhas das páxinas que utilizamos:



Para facer un percorrido polo corpo humano





 Para aprender sobre o esqueleto e os músculos ademais  doutras partes do corpo



Para comprobar canto aprendimos sobre a circulación

lunes, 14 de noviembre de 2011

E SEGUEN OS DESAFÍOS

Laretas, como vexo que esta vez resolvestes o enigma con rapidez, déixovos algunha información sobre o lugar no que estiven esta semana. Xa sabedes que sigo a percorrer a provincia de Pontevedra, aínda que xa estou a cavilar en viaxar a mais lonxe.
Estiven nun lugar moi preto de Vigo onde acostuman a festexar tradicións moi galegas como os Maios ou a festa da Coca nesta última facendo alfombras de flores. Por certo, ¿coñecedes a historia da Coca?


CocaConta a lenda que fai séculos vivía cerca de Redondela un dragón que de cando en vez achegábase á vila  para levar a unha xoven a súa cova. Así o fixo varias veces, ata que os xóvenes mariñeiros, armados de coraxe, un día acordaron encararse ao monstruo. Así o fixeron e despois dunha dura loita sairon victoriosos. Xa vencido trouxérono ao pobo, ao mesmo tempo que liberaron ás xóvenes que tiña na cova. Foi aquí, en Redondela, despois de que o dragón dera os seus últimos suspiros, cando os valentes xóvenes, collendo as espadas uns a outros, empezaron a bailar arredor do dragón morto.
Albergue de Peregrinos¿Aínda non sabedes onde estiven?.  Aquí van mais pistas.

domingo, 13 de noviembre de 2011

OS LARETAS RESOLVEN NOVOS DESAFÍOS

Os Laretas xa conseguimos resolver dous novos desafíos matemáticos que nos levaron a descubrir donde estivo a nosa mascota durante este último mes. A cousa non foi doada, a pesares de que sabiamos que seguía a viaxar pola provincia de Pontevedra.
Despois de estares nos Muiños do Folón en Oia, o Loro Laretas viaxou ata a illa da Toxa. Difícil de descubrir ata que nos falou sobre a elaboración dun xabón que leva ese mesmo nome.
Para coñecer este lugar pinchade aquí


                                                                                          Da Illa da Toxa viaxou ata Campo Lameiro e grazas a él poidemos saber cousas sobre os petroglifos. Ao primeiro resultounos rara esta palabra pero despois de averiguar o significado de "Petra" e de "Glifos" ata nos atrevemos con novas palabras que coñeciamos: petrificado, petreo, petrificar...
Para saber mais ,vimos este video


lunes, 31 de octubre de 2011

SAMAIN E AS BRUXAS

Xa está aquí o Samaín e os Laretas estamos a investigar sobre as bruxas.Ahí vai unha terrorífica reportaxe froito das investigacións lareteiras sobre estas embruxadas personaxes.



Para aprender  mais clicade aquí

Tamén podemos aprender mais cousas sobre o SAMAÍN no video feito polo CEIP Curros Enríquez de Celanova.

lunes, 10 de octubre de 2011

PERCORRENDO GALICIA COS DESAFÍOS MATEMÁTICOS

Este curso o Loro Laretas convidounos a descubrir Galicia, as súas tradicións, costumes e algúns dos seus lugares mais emblemáticos.
¿Como o imos facer?
Pois ben, cada semana a nosa mascota, o Loro Laretas, deixa un desafío matemático para que o resolvamos no prazo de quince días. Cando temos a resposta deixámola no buzón e, se acertamos, danos unha pista sobre o lugar que visitou durante esa quincena.
Despois tócanos a nós pescudar en atlas, mapas, internet.... para dar co lugar que visitou.
A verdade é que para os laretas o primeiro dos desafío foi doado. O Loro Laretas estivo en A Garda visitando os castros do Monte Tegra.De recordo trouxo un casco a clase e eso permitiunos investigar sobre os celtas e os castros.
Para saber mais podemos ver o seguinte video:


Despois descubrimos que, á semana seguinte,  foi a O Rosal e alí estivo visitando os Muíños do Folón.







lunes, 3 de octubre de 2011

BENVIDOS AO NOVO CURSO ESCOLAR

Xa estamos de novo aquí os Laretas laretiñas de 2º A e os laretóns de 2º B con moitas gañas de aprender cousas novas.
Este curso temos algunhas novidades que iremos desvelando pouco a pouco.
Xa sabedes que podedes colaborar con nós deixando os vosos comentarios que logo nós leremos na clase.

lunes, 11 de julio de 2011

O gran espectáculo: Martiño versión papis

Xa non era sen tempo que poidesemos admirar esta gran obra do arte escénico protagonizada por semellante elenco de actor e actrices.
Sen máis preámbulos: "Cando martiño tivo ganas de mexar na noite de Reis"

Queredes ver unhas fotos de ese día? Pois aquí as tedes.