Durante toda a semana os Laretas estivemos a pescudar sobre a orixe do Día da Paz. Despois de consultar varios libros da biblioteca e navegar polas páxinas de internet que nos enviou o Loro Laretas descubrimos cousas novas.
¿Sabíades que...
...a pomba branca como símbolo da paz é dos tempos da Arca de Noe?.
....ademais de Gandhi hai outras persoas que recibiron o Premio Nobel da Paz pola súa labor?: Madre Teresa de Calcuta ou Wangari Matthai, a primeira muller africana en recibir un Premio Nobel.
...no continente africano o símbolo da paz é unha árbore?.
Coas nosas ideas sobre a paz fixemos un mural para o corredor, estampando pombas brancas coas nosas mans; escribimos as nosas definicións de paz e o que deberíamos facer por ela .
Despois pegamos a información recollida sobre Gandhi, Teresa de Calcuta, e Wangari e novas das últimas semanas sobre os lugares do mundo que necesitan paz. É este é o resultado.
Tamén fixemos dous carteis para o cole anunciando o noso desexo de compartir; e que mellor que aquilo que os outros non teñen: o blog dos Laretas, e algúns consellos para promover a paz, Este últimos colocámolos no símbolo da paz africano: unha árbore.



E hoxe chegou o millor: "SUBAMOS ...AO TREN DA PAZ ".
Todos os nenos/-as e mestres do cole conmemoramos o día da Paz no patio do cole facendo xogos cooperativos encadeados baseados no libro de JARES, X.R.:"Técnicas e xogos cooperativos para tódalas idades".
Fixemos:
- A danza dos dedos
- Polo corredor
- ¡Que non caia o mundo!
- Pombas cooperativas
- ¡Á paz ...en tren!
Por último os compañeiros de 6º leron un manifesto pola paz e todos xuntos cantamos unha canción.



