viernes, 18 de diciembre de 2009

UNHA PANXOLIÑA

Como di a panxoliña: xa veñen os Reis Magos, xa veñen os Reis Magos ... pero esta vez non foron a Belén, senón ao cole de Balaidos. Non os esperabamos e os Laretas quedamos todos moi pero que moi moi abraiados .


Falaron con nós persoalmente, déronnos caramelos e ata fixemos fotos. Xenial ¿eh?


miércoles, 16 de diciembre de 2009

¿QUEN TRAE OS AGASALLOS NO NADAL?

Este mes andamos a pescudar quen trae os agasallos no Nadal despois de que o loro Kakapo chegara ao noso cole cunha carta do seu primo o Loro Laretas.

Nela nos explica que ía camiño de Europa onde lle espera un grupo de loros carolina para axudarlle a atopar a súa voz. Na súa viaxe atopouse con xente preparando o nadal pero tamén cunha morea de tradicións e costumes distintas a nosa e por ahí andamos a pescudar.







O primeiro que nos chegou foi unha tradición de O Courel :
O Apalpador ou Apalpabarrigas.


Non deixedes de ler este libro.

A NOSA FELICITACIÓN

Dende a clase dos Laretas queremos felicitar o Nadal coa nosa postal e agradecer a todos os seguidores as vosas colaboracións.

E lembrade o vindeiro 22 de decembro é o noso último día de clase. Voltamos o 11 de xaneiro.

Estade atentos as novidades.
Publicaremos cousas moi interesantes.

miércoles, 9 de diciembre de 2009

OS NOSOS EXPERIMENTOS NO LABORATORIO

Durante este trimestre tivemos a oportunidade de ir ao laboratorio para investigar e dar resposta as nosas preguntas sobre o corpo humano comparándoo co noso. Averiguamos por que os loros teñen peteiro, para que lles sirve, porque teñen unllas e garras, como é o seu corpo por dentro e en que se parece ao noso. Descubrimos que temos moitas partes en común e outras diferentes e cal é a función de cada unha delas.

O noso primeiro experimento consistiu en saber que lle pasa aos ósos en contacto con algunhas substancias.
Para averigualo metemos un óso de polo en auga e outro en vinagre. Coa axuda da profe establecemos algunhas hipóteses do que acontecería :

UN ÓSO EN AUGA:

  • convírtese en polo.
  • énchese de auga.
  • cambia de cor.
  • parece mais gordo porque se reflicte no cristal do vaso.

    UN ÓSO EN VINAGRE:
  • cambia de tamaño.
  • pásalle o mesmo que ao que está na auga
  • afunde; non pode flotar.ponse da cor do vinagre.

Despois rexistramos as nosas observacións durante tres días nunha folla de rexistro e comprobamos as nosas hipóteses e establecemos outras novas:

  • o óso na auga pudre.
  • o óso ten pelo porque se está convertindo en polo ( era moho)

Na última observación comprobamos que o óso en vinagre dobra e establecemos as nosas conclusións sobre o que aprendemos:

  • Non se pode tomar moito vinagre porque é malo para a saúde.
  • Os alimentos "ácidos" destrúen o calcio dos ósos.

O noso seguinte esperimento consistiu en descubrir por que sentimos frío e calor. Estabamos todos moi seguros de que se sentimos frío é porque fai frío e se sentimos calor é porque fai calor.

Así que a profe convidounos a encher tres recipientes con auga: quente, do tempo e moi fría, con xeo. Durante 20 segundos tivemos unha man na auga quente e a outra na auga fría. Despois metemos cada unha das mans por separado na auga do tempo. ¡Que lío ! nunha man sentiamos a auga quente e noutra fría. A profe preguntábanos como estaba a auga e non sabiamos que dicir. Agora xa sabemos por qué, ¿e vós?.

Probade na casa ao entrar e sair da ducha.


Nas nosas clases no laboratorio tamén tivemos ocasión de ver unha célula. Falaramos moito delas na clase: as células da nosa pel, da sangue pero nunca víramos ningunha e alí estaban: as células da pel dunha cebola.


Ademais tivemos ocasión de compoñer os órganos do corpo humano e ler os libros que se atopan no laboratorio. Aprendemos unha morea de cousas e este trimestre...

¡acadamos catro estrelas no noso carnet de científico!.





sábado, 5 de diciembre de 2009

XA VEN O PASTEL....

O venres foi un día especial para os nosos compañeiros lareteiros que estiveron de aniversario en novembro e decembro.

Despois de estar aprendendo toda a semana as receitas que tiñamos que preparar, chegou o gran día.

Un grupo axudamos a facer o biscoito de limón, outro grupo fixemos batido de chocolate e o terceiro grupo fixemos coroas para agasallar aos nosos compañeiros.

Despois de recoller todo e poñer o biscoito no forno, fixemos dedicatorias e debuxos para os protagonistas.

Finalmente chegou o momento mais esperado: a festa; os anfitrións prepararon a mesa e serviron os batidos. Non parabamos de repetir o rico que estaba todo, tanto que acabamos os batidos e a profe tivo que preparar mais.

Tamén nos queixamos porque o biscoito nos pareceu pequeno.

¡Ademais de laretas somos uns lambóns!




Pero ademais de cociña aprendemos a compartir, a axudar e que os cumpreanos tamén poden ser fermosos e divertidos sen ter que mercar agasallos .

Para os lambóns coma nós estas son as nosas receitas:

BISCOITO DE LIMÓN

  • 3 ovos
  • 1 iogur natural
  • 2 vasos do iogur con azúcar
  • 3 vasos do iogur con fariña
  • 1 sobre levadura
  • 2 limóns
  • mantequilla para untar

BATIDO DE CHOCOLATE:

1 vaso de leite

3 cucharadas de Colacao ou Nesquik

¡ÑAM, ÑAM, A COMER!

Xa empezamos a facer as nosas receitas mais saudábeis. Neste proxecto utilizamos algúns dos froitos secos e carnosos cos que se alimenta o noso amigo o Loro Laretas para facer unha ensalada de froitas, que como dí o seu nome estaba rica, rica, riquísima.




¿Gustaríavos saber como a fixemos?

Ingredientes
  • 1 plátano
  • 2 pera
  • 1 mazá
  • 2 mandariñas
  • 3 noces
  • unhas pingotas de mel

    domingo, 29 de noviembre de 2009

    TEMOS MOITO QUE CONTAR

    SI, SI, SIIIIII! Temos moito que contar sobre o que fixemos cos nosos compañeiros de 5º A e as nosas profes: Lupe e Malena
    Collemos un dos nosos debuxos e nos inventamos unha historia con él. Despois repartímonos entre a clase de 5º A e a nosa e, por parellas, cada un de nós contoulle a un neno/-a de 5º a historia que nos inventamos i él/ela escribiuna nunha folla.
    Lémola e démonos conta que non quedara moi ben, así que os nosos compañeiros de 5º foron facéndonos preguntas para completar o noso conto.
    ¿Sabedes que dunha historia de catro ou cinco frases, escribimos unha folla enteira?. Despois eles pasaron o texto a ordenador e fixeron a portada.
    ¡Xa temos o noso primeiro libro colaborativo!.
    Moitas grazas aos maiores por ensinarnos e axudarnos cos contos.



    Ah!, ata nos deu tempo a debuxar e xogar con eles.










    E para rematar velahí vai o que opinamos desta experiencia:
    MELANY e JESSICA: "facer este traballo nos pareceu moi ben".
    CARMEN: "gustoume facer esto porque así probamos cousas novas cos maiores"
    ORI: "encantoume porque traballar cos mais pequenos é mais divertido"
    LLANOS e CARLA: "pareceunos unha experiencia inolvidable e gustaríanos repetir"
    ALICIA e JENNIFER: "facer este conto conxuntamente 1º e 5º foi unha experiencia moi bonita"

    lunes, 16 de noviembre de 2009

    ¡¡ QUE SORPRESA !!



    A mamá de Marcela trouxonos novas do primo do loro Laretas que vive no Perú. Lémolo no blog e ademais aprendemos moitas cousas sobre ese país. Animámosvos a lelo.
    Despois Marcela nos deu a cada un o agasallo que nos enviou. ¡Menuda a que montamos na clase!. Non parabamos de falar de berrar, xogando con nosos paxariños, así que a profe suxeriu facer unha casiña para cada un co seu debuxo e deste xeito non se nos perderán.


    Despois pensamos en como agradecer este fermoso agasallo, e, a maioría dos cativos pensamos en facer unha obra de teatro ..."porque son títeres como os que se ven no teatro".
    Agora temos un grande traballo por diante: investigar como se escribe un acto teatral; características, formato do texto, contido para cada personaxe.... e diseño e grabación da nosa representación.
    Pero con tempo farémolo e o subiremos ao blog.


    De parte de "os laretas" moitííííísimas grazas á mamá de Marcela pola súa colaboración.

    martes, 10 de noviembre de 2009

    FESTA DO MAGOSTO

    Chegou a festa do magosto e esta semana os laretas disfrutamos a mogollón. Primeiro preparamos unha cesta na clase cun cartón de leite ou zume, baleiro.
    Aprendemos duas adiviñas que nos enviou o loro Laretas por mail e fixemos un mural no corredor con refráns e poemas do magosto.
    ¡A ver se as adiviñades!
    Alta estou
    capotiña teño
    se ven o vento
    non o deteño.
    Para os que non acertaron , unha pista:
    Son de cor chocolate
    ábrense coa calor,
    e se as metes no forno
    estoupan con grande sabor.
    Hoxe baixamos ao patio co resto dos nenos/-as do cole e alí fixemos seis xogos: trompos, carreiras de sacos, a castaña na culler, o "pañuelito", o xogo da rá, e o da corda. Logo comemos castañas asadas e a bailar grazas a música do "DJ"da festa.
    ¡Ah tamén tivemos fotógrafo oficial!.
    Ahí vai un pequeno adianto.







    jueves, 5 de noviembre de 2009

    UNHA VISITA ESPECIAL


    Hoxe o noso compañeiro Roi trouxo a clase os seus periquiños. Poidemos observar que cores teñen, como son as suas patas, o peteiro e os buratos para respirar e, ata como se balancean e se miran ao espello.

    Roi explicounos que comen sementes e froita e beben auga; e que ás veces lle dan un baño con auga e xabrón.
    Ademais como xa vimos uns videos do nacemento dos loros, que nos enviaron por correo a clase de 4 anos dos Coelliños Brancos, xa todos sabiamos que os periquiños naceran de ovos e que son animais vertebrados porque teñen ósos coma nós.

    Despois escribimos a noticia para que todos se enteraran e.....a fixemos tan ben que a clase de 3º B pediulle os periquiños a Roi para levalos uns minutiños a sua clase.

    Velaí van unhas fotos e algunha das noticias feitas na clase.



    lunes, 2 de noviembre de 2009

    FESTA DE SAMAÍN

    Os Laretas estivemos moi ocupados o pasado venres conmemorando a festa do Samaín. Fixemos caretas de esqueletes, aprendemos unha poesía e o significado da festa, limos historias de medo á escuras, somentes coa luz dunha cabaza, e fixemos un mural no corredor para anunciar a festa aos nosos compañeiros.
    Despois coas nosas caretas fomos polas aulas de primaria a asustar a nenos/-as e mestres, e recitarlle a poesía que aprendemos.
    Despois do recreo, tocoulle o turno aos pequenos de infantil. Fomos moi contentos a asustar aos compañeiros da clase dos "Coelliños Brancos", a clase de Manolo, pero ao chegar alí atopámonos coa entrada dun castelo tenebroso que tivemos que traspasar, e dentro ........dentro estaban agochados todos os nenos/-as e un bruxo malvado que nos meteu un susto........ senón botade un ollada ao video.

    ¿OS LOROS TEÑEN DENTES?

    Neste primeiro proxecto, aos Laretas interésanos saber como son os loros; en que se parecen e se diferencian de nós; que comen, por que falan, como nacen e moitas outras cousas.
    Para empezar buscamos entre os poemas de Gloria Fuertes e xa aprendemos un sobre os paxaros. ¿Que vos parece?

    Agora seguimos a investigar na biblioteca, no ordenador, e ata lle escribimos un correo ao loro Laretas para que nos envie información .

    viernes, 30 de octubre de 2009

    ¡¡XA TEMOS CARNET!!



    Empezamos o noso primeiro proxecto de investigación deste curso cun experimento no laboratorio. Para iso necesitamos un carnet de acceso e o Loro Laretas non dubidou en facilitarnos un que iremos enchendo con todas as estrelas acadadas ao obter bos resultados nas nosas investigacións.




    ¡¡¡Mirade que guai!!!

    martes, 13 de octubre de 2009

    ¿QUEN SOMOS?

    Somos dezaoito laretas incansables que non paramos de laretar. A culpa tenna o noso amigo O Loro Laretas que anda polo mundo adiante buscando a sua voz e se atopa cunha morea de atrancos que nós temos que solucionar.
    Este día, enviounos un correo pedindo a nosa foto para facernos un carnet de lareta e puxémonos mans a obra.

    ¡Botade unha ollada!
    Carla, Carmen, Adrián

    Esteban, Elena, Jennifer

    Luís Carlos, Lucas, Jessica
    Pedro, Marcela, Marta

    Roberto, Roi, Ruth
    Sete, Xián, Yago