sábado, 30 de enero de 2010

SUBAMOS...AO TREN DA PAZ

Durante toda a semana os Laretas estivemos a pescudar sobre a orixe do Día da Paz. Despois de consultar varios libros da biblioteca e navegar polas páxinas de internet que nos enviou o Loro Laretas descubrimos cousas novas.

¿Sabíades que...

...a pomba branca como símbolo da paz é dos tempos da Arca de Noe?.

....ademais de Gandhi hai outras persoas que recibiron o Premio Nobel da Paz pola súa labor?: Madre Teresa de Calcuta ou Wangari Matthai, a primeira muller africana en recibir un Premio Nobel.

...no continente africano o símbolo da paz é unha árbore?.

Coas nosas ideas sobre a paz fixemos un mural para o corredor, estampando pombas brancas coas nosas mans; escribimos as nosas definicións de paz e o que deberíamos facer por ela .

Despois pegamos a información recollida sobre Gandhi, Teresa de Calcuta, e Wangari e novas das últimas semanas sobre os lugares do mundo que necesitan paz. É este é o resultado.

Tamén fixemos dous carteis para o cole anunciando o noso desexo de compartir; e que mellor que aquilo que os outros non teñen: o blog dos Laretas, e algúns consellos para promover a paz, Este últimos colocámolos no símbolo da paz africano: unha árbore.


E hoxe chegou o millor: "SUBAMOS ...AO TREN DA PAZ ".
Todos os nenos/-as e mestres do cole conmemoramos o día da Paz no patio do cole facendo xogos cooperativos encadeados baseados no libro de JARES, X.R.:"Técnicas e xogos cooperativos para tódalas idades".
Fixemos:
  • A danza dos dedos

  • Polo corredor

  • ¡Que non caia o mundo!
  • Pombas cooperativas
  • ¡Á paz ...en tren!

Por último os compañeiros de 6º leron un manifesto pola paz e todos xuntos cantamos unha canción.




viernes, 29 de enero de 2010

UNHA LECTURA OBRIGADA

OS ESTADOS DA AUGA

Pois sí!. Os Laretas empezamos a semana no laboratorio con moitas gañas; andivemos buscando unha resposta a ¿por que chove e neva?.
Tiñamos dúbidas sobre a orixe da auga da choiva pero agora, e despois de observar o ciclo da auga e os estados que ésta pode adoitar dependendo da temperatura, non temos xa ningunha dúbida.


Estamos feitos uns verdadeiros meteorólogos; coñecemos algúns dos símbolos que usa a meteoroloxía a nivel mundial: choiva, vento forte e suave, neve, sol, calor, frío, neboeiros, nublado, ou sol con nubes.
Pero os Laretas non nos conformamos só con iso e demos un paso mais. Descubrimos que hai distintos tipos de nubes e cada unha presaxia un tempo climatolóxico diferente e agora rexistramos a sua presenza no ceo todos os días: cúmulos, estratos, cúmulonimbos e cirros.
Se estades interesados non dubidedes en ver a seguinte páxina: hai xogos, proxectos....

lunes, 25 de enero de 2010

RECOMENDACIÓNS PARA O DÍA DA PAZ


Como xa está ahí na porta o dia 30 de xaneiro declarado mundialmente o día da paz, o noso amigo o loro laretas envíanos :




ALGUNHAS PÁXINAS INTERESANTES:




DECÁLOGO DA PAZ:




Primeiro: Eres alguén moi importante. Quérete.




Segundo:Valora aos teus amigos. Daraslle seguridade.





Terceiro:Descubre todo o que une aos demais por encima do que te separa.




Cuarto: Respecta as opinións. Así contribuirás ao diálogo.




Quinto: Aprende a escoitar. Comprenderás mellor aos demais.




Sexto: Esfórzate por rematar ben os teus traballos. Disfrutarás co resultado.




Sétimo: Cumple coas túas responsabilidades. Os demais necesítanno.


Oitavo:Traballa en grupo. Ninguén sabe máis que todos xuntos.




Noveno: Comparte as túas cousas cos demais.Farate moi feliz.




Décimo:

Pon Paz dentro de ti, desta forma estarás poñendo tamén Paz ao teu arredor.





jueves, 21 de enero de 2010

UN NOVO PROXECTO

Despois do Nadal os laretas estamos de volta e con moitas gañas de aprender. Despois do temporal e as nevadas das últimas semanas sentimos curiosidade por saber POR QUE NEVA e niso andamos.

¿QUE SABEMOS?

· A neve é de cor branca
· No polo norte e no polo sur sempre fai moito frio.
· Chove porque son os anxos que choran
· O xeo está mais duro que a neve. é como o cristal.
· O xeo se fai porque fai mais frio que coa neve
· O calor e o frio que fai o di o coche porque aparecen uns números que son os grados.
· A neve cae porque está no ceo
· A letra B dos mapas é unha borrasca.
· O home do tempo sabe que tempo vai facer porque é adiviño.
· Tamén usan máquinas e aparatos.

¿QUE QUEREMOS SABER?
1. ¿Como cambia a auga por neve?
2. ¿Por qué cae a neve?
3. ¿Como se crea?
4. ¿Pódese bucear na neve?
5. ¿Por que se derrapa na neve?
6. ¿Por qué nalgúns lugares da terra sempre neva? ¿ donde?
7. ¿Como se fai o xeo?
8. ¿Por que chove?
9. ¿Con que se mide a calor e o frio?
10.¿Por qué se dice “menos 22 grados”?
11. Cando vemos os mapas do tempo aparece a letra A e a letra B. ¿Por qué?
12. ¿Cómo saben na tele o tempo que vai facer?
13. ¿Por qué se esquía?
14. ¿Qué outros deportes se poden facer?
15. ¿Cómo se poden facer bolas tan grandes para os bonecos de neve?