martes, 2 de octubre de 2012

BENVIDOS AO NOVO CURSO ESCOLAR 2012-13

Este curso temos novos amigos no noso clube dos Laretas.Seguimos en segundo pero o Lareta Laretiña Manolo deixounos e viu  a profe Maca co seu grupo de alumnos e familias de 2º B.
¡Benvidos a todos!
E para empezar, que mellor maneira que con estes maravillosos contos feitos polos compañeiros do CEIP Andrade.

viernes, 22 de junio de 2012

E SE ME ABURRO NO VERÁN , QUE..?

Pois se eres dos que pensa que no verán te vas aburrir, a continuación atoparás algunhas páxinas interesantes  nas que poderás divertirte, só ou con alguén da túa familia.


                              MANOLO E LUPE DESÉXANVOS UN BO VERÁN!

http://segundoprimariatartessos.crearblog.com/?cat=156


MATEMÁTICAS:

Trivial matemático2º DE PRIMARIA: http://www.testeando.es/asignatura.asp?idC=2&idA=64

Trivial matemático1º DE PRIMARIA: http://www.testeando.es/asignatura.asp?idC=1&idA=63

Trivial matemático3º DE PRIMARIA:http://www.testeando.es/asignatura.asp?idC=3&idA=65

Cálculo mental ciclo inicial: http://www2.gobiernodecanarias.org/educacion/17/WebC/eltanque/todo_mate/calculo_m/seriesCI_S/ci_serie15_p.html

http://www.vedoque.com/juegos/juego.php?j=calculo


http://www.tinglado.net/?id=tablas-de-multiplicar

http://www.cuadernosdigitalesvindel.com/juegos/juego_tabla_multiplicar_1.php

http://www.juntadeandalucia.es/averroes/colegiovirgendetiscar/profes/trabajos/tablas/controltablas.html

http://www.edu.xunta.es/centros/ceipchanopinheiro/aulavirtual/file.php/3/rsagra/2o_MATEMATICAS/ACTIV.MATE_No_1/act.mat.html

http://www.google.es/imgres?imgurl=https://blogger.googleusercontent.com/img/b/R29vZ2xl/AVvXsEg6YcDOZmDbCuYFuvN0qXAWhMvGwoXJLNtrQN9YnEPtUkrqqvAy5sf9sUv22HPM6TyPqcosaiTsdgmjGUjysoto45igZ5d7Po4pwIWFmpy6lQ8DA77SVvujmKKiB5ECeNkpmljEXByOgpg/s1600/Tabla-multiplicar-.jpg&imgrefurl=http://quintoclacarolina.blogspot.com/2011_09_01_archive.html&usg=__Dec01o6texCrhjlIXHTejrUiRPg=&h=685&w=920&sz=248&hl=es&start=14&zoom=1&tbnid=yARzLCQtfIXigM:&tbnh=109&tbnw=147&ei=BTm_T6OOKIvn-gbfwMCHCg&prev=/search%3Fq%3DEN%2BBUSCA%2BDE%2BLAS%2BTABLAS%2BDE%2BMULTIPLICAR%26hl%3Des%26gbv%3D2%26tbm%3Disch&itbs=1



Operaciones encadenadas: http://www2.gobiernodecanarias.org/educacion/17/WebC/eltanque/encadenados/encadenados_p.html

Diana de sumas: http://dl.dropbox.com/u/44162055/manipulables/numeracion/diana.swf

Sumas, restas y multiplicaciones: http://math.cilenia.com/es

Cálculo mental: http://clic.xtec.cat/db/jclicApplet.jspproject=http://clic.xtec.net/projects/calculom/jclic/calculom.jclic.zip&lang=es
Varios: http://recursostic.educacion.es/primaria/cifras/web/a/ca00.html

Sumas niveles: http://www.vedoque.com/juegos/jardin-senderos-bifurcan.swf

Operaciones matemáticas: http://www.educa.jcyl.es/zonaalumnos/es/cuadernos

Matemáticas simpáticas III: http://www.educa.jcyl.es/educacyl/cm/zonaalumnos/tkPopUppgseed=1168680284241&idContent=20739&locale=es_ES&textOnly=false

Matemáticas simpáticas II: http://www.educa.jcyl.es/zonaalumnos/es/recursos/aplicaciones-boecillomultimedia/mates-simpaticas/matematicas-2

Bingo matemático: http://www.abcya.com/math_bingo.htm

Matemáticas 2º: http://www.primaria.librosvivos.net/

HAY QUE INTRODUCIR EL CÓDIGO 132876 Y PULSAR OK.




Xogos de resolución de problemas:


http://baseduas.blogspot.com.es/2011/10/problemazos-n-1-2-primaria_15.html

http://www.edu.xunta.es/centros/ceipchanopinheiro/aulavirtual/file.php/3/rsagra/2o_MATEMATICAS/PRO3/pro3.html

Horas, moedas e billetes

http://www.edu.xunta.es/centros/ceipchanopinheiro/aulavirtual/file.php/3/rsagra/MONEDAS/monedas1.html

http://www.edu.xunta.es/centros/ceipchanopinheiro/aulavirtual/file.php/3/rsagra/LAS_HORAS/reloj1_blog.html


Aventura interactiva: http://centros.edu.xunta.es/ceipcampolongo/intranet/Recunchos/3/Matematicas/La_piramide_numeros/files/init.html

Completo de mates-lengua-coñe: http://centros3.pntic.mec.es/cp.juan.de.la.cosa/unidad_1/index.htm


LENGUA

Trivial lengua 2º: http://www.testeando.es/asignatura.asp?idC=2&idA=62

Trivial lengua 1º: http://www.testeando.es/asignatura.asp?idC=1&idA=61

Trivial lengua 3º: http://www.testeando.es/asignatura.asp?idC=3&idA=57

Familias de palabras: http://www.kubbu.com/student/?i=1&a=24653_familias_de_palabras

Palabras derivadas: http://www.teide.cat/elearning/Primaria.asp?IdJuego=1117&IdTipoJuego=7

Palabra intrusa: http://www.edu.xunta.es/centros/ceipchanopinheiro/system/files/palintrusa.swf

Varios lengua 2º: http://www.ceipjuanherreraalcausa.es/Recursosdidacticos/SEGUNDO/datos/01_lengua/03_Recursos/02_t/01_Vocabulario.htm

MP-MB: http://www.kubbu.com/student/?i=1&a=24885_palabras_con_mp_y_mb


http://www.edu365.cat/primaria/muds/castella/ortografiate/ortografiate4/contenido/lc014_oa03_es/index.html

http://www.educa.jcyl.es/educacyl/cm/gallery/recursos%20edebe/lengua/6_8_2/flash.htm?numrecurso=0

Palabras con H: http://www.eduinnova.es/monografias2011/abril2011/libroh/libroh.html
 http://www.kubbu.com/student/?i=1&a=24885_palabras_con_mp_y_mb


http://www.edu.xunta.es/centros/ceipchanopinheiro/aulavirtual/file.php/3/rsagra/LENGUA_TEMA_7/actv.html

http://www.edu.xunta.es/centros/ceipchanopinheiro/aulavirtual/file.php/3/rsagra/t5_lengua/t5.html

http://chiscos.net/almacen/lim/ortografi_a7/ortografi_a.html

http://chiscos.net/almacen/lim/ortografi_a8/ortografi_a.html

http://chiscos.net/almacen/lim/ortografi_a4/ortografi_a.html

Gramática e vocabulario


http://www.kubbu.com/student/?i=1&a=24698_busca_la_palabra

http://recursostic.educacion.es/primaria/enpocaspalabras/web/

http://www.edu.xunta.es/centros/ceipchanopinheiro/aulavirtual/file.php/3/rsagra/2o_LENGUA/ordenar_oraciones_1_-_2_o.html

http://www.kubbu.com/student/?i=1&a=24921_adjetivo

http://www.kubbu.com/student/?i=1&a=25496_presente_pasado_y

http://www.kubbu.com/student/?i=1&a=19448_sin_nimos

PARA XOGAR CON COÑECEMENTO DO MEDIO


http://centros.edu.xunta.es/ceip.manuel.fraga/unidades/plantas/PLANTAS.html

http://educalim.com/biblioteca/cousas/cousas_de_animais.html

http://traballamosxuntos.blogspot.com.es/2011/05/terra-xira-e-xira.html

lunes, 7 de mayo de 2012

Os Laretas investigan sobre o universo

Os Laretas estamos a investigar sobre os inventos e... a partires do TELESCOPIO que mellorou (non inventou) o noso amigo Galileo Galilei, descubrimos o universo e o sistema solar.
Queredes viaxar connosco?
Mergulládevos no universo clicando nesta imaxe (se non tedes tedes instalado  no voso ordenador o programa Notebook, clicade no nome e accederedes a unha versión gratuíta on line).


miércoles, 25 de abril de 2012

COIDAMOS O PLANETA

Os Laretas decidimos, un ano mais, participar no concurso de IMEDIO sobre o coidado do medio ambiente, esta vez cos protagonistas de Madagascar. Así que decidimos facer:
- Os Laretóns: carteis sobre como nos gustaría ver o noso planeta con eslogans do que deberíamos facer e este foi o resultado:

- Os Laretiñas: unha canción para coidar e protexer a auga no noso planeta. Despois de compoñela fixemos este pequeno vídeo:



lunes, 26 de marzo de 2012

ESPECIAL INFORMATIVO SOBRE AS OLIMPIADAS

Despois dun intenso traballo de investigación sobre as Olímpiadas de Londres 2012, os Laretas de 2º B queremos compartir con todos vós o resultado do noso traballo. Con moita ilusión grabamos este especial informativo dirixido pola nosa profe, Lupe, e que a continuación vos presentamos. Esperamos que vos guste.



jueves, 1 de marzo de 2012

Visita a EL NOGAL

O pasado mércores 29 de febreiro fumos coñecer a industria alimentaria EL NOGAL, de froitos secos.
Ao chegar, un empregado moi amable ensinounos, cunha montaxe audiovisual, de onde proviñan os froitos secos que alí se trataban. Vimos que de moitas zonas do mundio: dende Norteamérica ata Africa, aínda que algúns, como a noz ou a avelá producíanse aquí, en España.
Poidemos comprobar como tostaban os cacahuetes, embolsaban as pipas e empaquetaban as pasas
Estivemos admirando o sistema de almacenaxe. Vimos como dando a un simple botón negro se movían todas as estanterías para poder acceder a elas e clasificar os produtos e comprobamos a seguridade, pois si topaban con algún obxecto enseguida se detiñan.
Se queredes máis información podedes visitar a súa web http://www.elnogal.com/
E como no, aquí tendes a nosa reportaxe fotográfica da visita:


jueves, 9 de febrero de 2012

Visitamos a industria cárnica de LAGO

O pasado mércores 8 de febreiro os Laretas fumos invitados a visitar esta industria cárnica.
Recibíunos o encargado, que nos explicou cómo traballaba a empresa e que iamos ver. É unha das empresas máis modernizadas do sector, onde a maquinaria é moi importante, manexada e controlada atentamente polos traballadores e traballadoras.
Como é unha industria de alimentación e hai uns protocolos de hixiene, tíñannos preparada a vestimenta adecuada: unha funda plástica (cortada a medida), gorro, cobertores para o calzado e unha mascarilla.
Tratáronnos estupendamente e ensináronnos todo o proceso de despiece e empaquetado dos seus produtos: dende que chegan os camións ata que pechan as caixas e as almacenan.
O que máis nos gustou a todos e todas foi a preparación das albóndigas, que logo nos regalaron para levar ás nosas casas.
Sacáronnos moitas fotos que nos mandarán e que colgaremos nese momento no blog.
Agradecemos a todo o personal da empresa o trato e a súa adicación. Tamén, como no, a ese papá que nos ofertou e conseguíu esta interesantísima visita.
Para que teñades máis información sobre esta industria podedes visitar a súa web: http://www.lago-aves.com/

Montáchedes o camión-calendario na casa? Seguro que vos quedou coma este:


Queredes xogar un rato co anagrama desta empresa? Pois podedes facer un puzzle se pinchades aquí.

lunes, 6 de febrero de 2012

Exhibición de esgrima

O venres contamos coa presenza no cole de representantes do clube de esgrima El  Olivo de Vigo para darnos unha pequena charla sobre o esgrima, as suas orixes, reglas, vestimenta, as armas....
Para coñecer todo o que aprendimos e fixemos podedes ir ao blog da biblioteca pinchando aquí. Veredes moitas cousas interesantes.
Como adianto tedes estas fotos:


lunes, 30 de enero de 2012

IMOS PARTICIPAR NOS XOGOS OLÍMPICOS

Os Laretas estamos xa a investigar sobre a orixe e organización dos xogos olímpicos para poder participar no acto inaugural que se levará a cabo este  Entroido no noso cole. 
Os laretiñas de 2º A e os laretóns de 2º B imos participar como deportistas de esgrima e para iso puxémonos en contacto por correo electrónico con varios clubes de esgrima de Vigo e......


¡SORPRESA!   ¡SORPRESA!

Imos contar cunha clase presencial impartida polo monitor do clube Yann o que nos vai garantizar unha medalla olímpica nos  xogos Balaidos 2012  que terán lugar o vindeiro día 17 de febreiro.
Se queredes aprender mais cousas sobre os xogos olímpicos visitade o blog da biblioteca: 
"O recuncho de Xoan".


Agora estaredes preguntándovos como imos ir vestidos. Pois esta será a nosa vestimenta:

  • Pantalón branco ou leggins  brancos
  • Chaqueta ou xersei branco
  • Unha luva negra para a man armada
  • Tenis brancos
  • Máscara feita cun colador ao que lle coseremos un peitoral. 
  • Florete