domingo, 25 de diciembre de 2011

Para papás e mamás preocupados

Esta é unha información para algúns papás e mamás que están preocupados por iso da resta con levadas.
Pero si é moi fácil de entender!
Nós facemos así

Nos vos preocupedes si é que non vos enterades ben, explicaranno os profes na reunión que fagan á volta das vacacións.
Aproveitade estos días para disfrutar un pouco dos vosos fillos, e ... ler, xogar, cantar, bailar...

O Loro Laretas

sábado, 24 de diciembre de 2011

Recollemos xogos populares

Na Semana da Tradición Oral os Laretas recollimos xogos populares e cantigas.
Esta é unha pequena mostra da nosa colleita:
  • Os Laretiñas de 2ºA adicámonos a recoller xogos de sorteo. Mirade que atopamos:
  • Os Laretóns de 2ºB recolleron xogos e cantigas que moi pronto poderedes ver.

    O nadal en distintos países

    Xa coñecemos algo máis sobre o nadal.
    Laretiñas e Laretóns investigamos cómo se celebra o nadal en distintos países do mundo. 
    Co resultado das nosas pescudas fixemos adornos para decorar o noso pasillo.
    Queredes ver o noso traballo? Pois clicade aquí.

    jueves, 22 de diciembre de 2011

    Os Laretas felicitan o nadal

    Xa somos expertos informáticos e somos que de facer estas maravillosas postais navideñas.

    BO NADAL A TOD@S
    Postais dos Laretiñas e Laretóns



    miércoles, 16 de noviembre de 2011

    SOMOS IGUAIS, SOMOS DISTINTOS

    Este trimestre os Laretas andamos a pescudar sobre o corpo humano, as nosas diferenzas e similitudes.Sabemos unha chea de cousas pero aínda nos falta saber algo mais. Os laretas queremos saber:

     1. ¿Como cambia o noso corpo?
    2. ¿Cantas razas de persoas hai no mundo?

    3. ¿Qué pasaría se non tivesemos ósos?

    4. ¿Para que sirven os músculos?

    5. ¿Por qué sangramos cando nos ferimos?

    6. ¿Cantas veces late o noso corazón nun día?

    7. ¿Por qué cando respiramos se hincha o peito?

    8. ¿Qué son os órganos dos sentidos?

    9. Se non poidésemos falar nin ouvir, ¿Cómo nos comunicaríamos?

    10. ¿Qué alimentos son os mais apropiados para coidar o noso corpo?

    11. ¿Cómo se fai a dixestión?

    12. ¿Cómo nos alimentamos no ventre de mamá?

    13. ¿Por qué cambiamos os dentes?

    14. ¿Por qué nos enfadamos, ou nos alegramos?

    Para descubrir as respostas aos nosos interrogantes andamos ocupados facendo esperimentos no laboratorio, consultando internet, cubrindo enquisas coa familia,e lendo lendo moitos libros.Aquí temos algunhas das páxinas que utilizamos:



    Para facer un percorrido polo corpo humano





     Para aprender sobre o esqueleto e os músculos ademais  doutras partes do corpo



    Para comprobar canto aprendimos sobre a circulación

    lunes, 14 de noviembre de 2011

    E SEGUEN OS DESAFÍOS

    Laretas, como vexo que esta vez resolvestes o enigma con rapidez, déixovos algunha información sobre o lugar no que estiven esta semana. Xa sabedes que sigo a percorrer a provincia de Pontevedra, aínda que xa estou a cavilar en viaxar a mais lonxe.
    Estiven nun lugar moi preto de Vigo onde acostuman a festexar tradicións moi galegas como os Maios ou a festa da Coca nesta última facendo alfombras de flores. Por certo, ¿coñecedes a historia da Coca?


    CocaConta a lenda que fai séculos vivía cerca de Redondela un dragón que de cando en vez achegábase á vila  para levar a unha xoven a súa cova. Así o fixo varias veces, ata que os xóvenes mariñeiros, armados de coraxe, un día acordaron encararse ao monstruo. Así o fixeron e despois dunha dura loita sairon victoriosos. Xa vencido trouxérono ao pobo, ao mesmo tempo que liberaron ás xóvenes que tiña na cova. Foi aquí, en Redondela, despois de que o dragón dera os seus últimos suspiros, cando os valentes xóvenes, collendo as espadas uns a outros, empezaron a bailar arredor do dragón morto.
    Albergue de Peregrinos¿Aínda non sabedes onde estiven?.  Aquí van mais pistas.

    domingo, 13 de noviembre de 2011

    OS LARETAS RESOLVEN NOVOS DESAFÍOS

    Os Laretas xa conseguimos resolver dous novos desafíos matemáticos que nos levaron a descubrir donde estivo a nosa mascota durante este último mes. A cousa non foi doada, a pesares de que sabiamos que seguía a viaxar pola provincia de Pontevedra.
    Despois de estares nos Muiños do Folón en Oia, o Loro Laretas viaxou ata a illa da Toxa. Difícil de descubrir ata que nos falou sobre a elaboración dun xabón que leva ese mesmo nome.
    Para coñecer este lugar pinchade aquí


                                                                                              Da Illa da Toxa viaxou ata Campo Lameiro e grazas a él poidemos saber cousas sobre os petroglifos. Ao primeiro resultounos rara esta palabra pero despois de averiguar o significado de "Petra" e de "Glifos" ata nos atrevemos con novas palabras que coñeciamos: petrificado, petreo, petrificar...
    Para saber mais ,vimos este video


    lunes, 31 de octubre de 2011

    SAMAIN E AS BRUXAS

    Xa está aquí o Samaín e os Laretas estamos a investigar sobre as bruxas.Ahí vai unha terrorífica reportaxe froito das investigacións lareteiras sobre estas embruxadas personaxes.



    Para aprender  mais clicade aquí

    Tamén podemos aprender mais cousas sobre o SAMAÍN no video feito polo CEIP Curros Enríquez de Celanova.

    lunes, 10 de octubre de 2011

    PERCORRENDO GALICIA COS DESAFÍOS MATEMÁTICOS

    Este curso o Loro Laretas convidounos a descubrir Galicia, as súas tradicións, costumes e algúns dos seus lugares mais emblemáticos.
    ¿Como o imos facer?
    Pois ben, cada semana a nosa mascota, o Loro Laretas, deixa un desafío matemático para que o resolvamos no prazo de quince días. Cando temos a resposta deixámola no buzón e, se acertamos, danos unha pista sobre o lugar que visitou durante esa quincena.
    Despois tócanos a nós pescudar en atlas, mapas, internet.... para dar co lugar que visitou.
    A verdade é que para os laretas o primeiro dos desafío foi doado. O Loro Laretas estivo en A Garda visitando os castros do Monte Tegra.De recordo trouxo un casco a clase e eso permitiunos investigar sobre os celtas e os castros.
    Para saber mais podemos ver o seguinte video:


    Despois descubrimos que, á semana seguinte,  foi a O Rosal e alí estivo visitando os Muíños do Folón.





    

    lunes, 3 de octubre de 2011

    BENVIDOS AO NOVO CURSO ESCOLAR

    Xa estamos de novo aquí os Laretas laretiñas de 2º A e os laretóns de 2º B con moitas gañas de aprender cousas novas.
    Este curso temos algunhas novidades que iremos desvelando pouco a pouco.
    Xa sabedes que podedes colaborar con nós deixando os vosos comentarios que logo nós leremos na clase.

    lunes, 11 de julio de 2011

    O gran espectáculo: Martiño versión papis

    Xa non era sen tempo que poidesemos admirar esta gran obra do arte escénico protagonizada por semellante elenco de actor e actrices.
    Sen máis preámbulos: "Cando martiño tivo ganas de mexar na noite de Reis"

    Queredes ver unhas fotos de ese día? Pois aquí as tedes.

    martes, 21 de junio de 2011

    DIVERSIÓN E INVESTIGACIÓN

    Hoxe Os Laretas de 1º A e B quixemos despedir o curso cunha xornada no parque de Castrelos.
    Saimos do cole as 10:00 da mañá e fomos camiñando ata o parque. Unha vez alí preparamos a folla de investigación  e, por parellas, escollemos unha das árbores para investigala: observamos o seu tronco, a sua copa e as follas e así puxemos en práctica o aprendido este último trimestre.
    Despois chegou o momento de repoñer forzas e tomamos a merenda convidados polos mestres.
    Para rematar a xornada nada millor que un pouco de xogo libre no parque.
    Arredor das 13:00h volvemos para o cole e na metade do camiño sorprendeunos un lobisome que saiu da cafetería Novo  París. ¡Vaia susto!
     

    lunes, 30 de mayo de 2011

    E máis contos de mamás!!!

    Un luns de maio tocoulle o turno á mamá de Yago Quinteiro.
    Foinos contando un conto do máis orixinal, titulado "Amelia quere un can", coa axuda dun cubo de area e un gran papel.
    Ían aparecendo os debuxos dos animais feitos con area, qué pasada!!!
    Disfrutamos do lindo vendo e logo debuxando nós.

    jueves, 26 de mayo de 2011

    Estas mamis... seguen a contar contos

    Esta vez tocoulle o turno a Mari, a mamá de Breixo Alvarez.
    Contounos un bonito conto africano, con títeres e todo...
    O conto titulábase: "Conto de Zaza e Mafú" 
    Lembrades a historia?
    E rematamos con votación incluída sobre si nos gustou ou non. Que gañou? Claro, o .
    Pois agora mirade as imaxes:

    viernes, 15 de abril de 2011

    Plantamos bulbos no xardín

    A profe Gladis, como tamén quería participar no noso proxecto, tróuxonos bulbos de gladiolos e sementes de flores e, claro, tiñamos que plantalos.
    Fumos ao xardín despois de que os profes falaran con Rogelio para localizar o sitio onde lles poidese dar o sol e poidesen crecer e florecer sen problemas.
    Primeiro, sentados na herba, falamos de que era un bulbo e de como habería que plantalo. Decidimos deixar as sementes para outra ocasión.
    Logo cada Lareta foi colocando no seu burato un bulbo (mesmo houbo que repetir, pois había de máis).
    E aquí tendes as fotos que testemuñan este experimento.
    Sairá algo de aquí?

    jueves, 14 de abril de 2011

    O NOSO INVERNADOIRO

    Os Laretas convertímonos en campesiños por unhas horas, e en xardiñeiros tamén. A verdade é que esta semana deu para moito.
    Para completar as nosas investigacións sobre o crecemento das plantas decidimos sementar pementos de Padrón, leitugas e rabanitos. E por qué isto? Pois porque os Laretas xa sabemos que todas as partes das plantas son comestibles: as follas da leituga; o froito dos pementos e a raiz dos rabanitos.



                       

    miércoles, 13 de abril de 2011

    MANUAL BÁSICO PARA PITUFAR NO BOSQUE

    Os Laretas de 1º B xa temos preparado o MANUAL  PARA PITUFAR NO BOSQUE que imos presentar no concurso dos pitufos. Ademais xa temos o noso álbum de fotos da campaña de divulgación do manual. Estan para pitufocomelos!
    Grazas a todas as familias que colaboraron na elaboración dos disfraces.

     

    Un taller de flores

    Con todo isto do noso bosque estamos a descubrir que temos unha chea de talentos: o último é o de facer flores.
    Si clicades nos nomes das imaxes poderedes aprender a facelas vós tamén.
    Máis abaixo poderes admirar a nosa producción.

    Flores de papel
    Rosa de papel seda
    
    Flores de papel pinocho

    

    
    Rosa de plastilina

    

    lunes, 11 de abril de 2011

    Outra "mami contacontos"

    Hoxe acompañounos na hora de ler Diana, a mamá de Alejandro.
    Leunos un conto que nos encantou e que contaba a historia de Cristóbal Colón.
    Durante bastante tempo estivemos atentos e pendentes do que lía.
    Cómo nos gusta que nos vemos ler!
    Grazas Diana!!!

    viernes, 8 de abril de 2011

    ÚLTIMO ÉXITO DOS LARETAS

    Xa está aquí a película mais esperada durante nos últimos meses dos nosos amigos os Laretas laretóns: A HISTORIA DE XOÁN TARTARUGA

    Imos participar cos Pitufos

    Os Laretas imos participar nun concurso en prol do coidado do medio ambiente patrocinado por IMEDIO e AMEI (Asociación Mundial de Educadores Infantiles).

    Podedes atopar información neste enderezo http://bioblognatura.blogspot.com/2011/02/ayuda-los-pitufos-cuidar-el-medio.html.
    A clase de 1ºA faremos unha vídeo montaxe co fondo do noso mural do bosque e de personaxes os debuxos dos nosos disfraces de flores e debuxos feitos por nós de pitufos. Cadaquén preparará o seu diálogo para ensinarlle ao pitufo correspondente a vexetación da parte do mural que máis lle gusta e como debemos de coidala.
    A clase de 1ºB fará un libro para traballar os sinais para o coidado do bosque e cadaquén precisará o seu disfraz de pitufo ou pitufa para fotografiarse co seu sinal correspondente, diante do bosque que está na entrada do colexio. Para isto enviarémosvos una nota solicitando a colaboración das familias.
    Unha aventura máis dos Laretas!!!

    miércoles, 6 de abril de 2011

    Repasamos o trazo das grafías

    Clicando neste enlace poderedes comprobar como temos que realizar os trazos das distintas grafías.
    Lembrade papis, mamis e toda a familia: é importante a direccionalidade do trazo. Estade atentos a ela para que os Laretas poidan integrala correctamente.
                   Imaxe sacada de http://www.imagenesanimadas.net/

    martes, 29 de marzo de 2011

    Os poemas dos Laretas laretiñas e laretóns

    Os nenos e nenas de 1º A e B aprenderon estos poemas para o 2º recital de poesía do CEIP Balaídos:








    domingo, 27 de marzo de 2011

    Nos explican a vermicompostaxe

    Un grupo de nenas de terceiro éstivo na clase dos Laretiñas explicando que é iso da vermicompostaxe.
    Que non sabedes o que é?
     Pois buscade a calquera dos Laretiñas e que volo explique.
    Non é nin máis nin menos que aproveitar ás miñocas para crear compost (abono).
    Grazas á colaboración da Asociación Ambiental Bidueiro e o patrocinio da Consellería do Medio Ambiente da Xunta, dispoñemos no colexio dun vermicomposteiro coas súas miñocas e estamos experimentando e aprendendo con elas.
     Si queredes máis información podedes clicar aquí (levaravos a web do cole, onde temos publicada información sobre o tema).


    sábado, 19 de marzo de 2011

    ARTE NA AULA

    O luns 14, no noso cole inaugurouse a rolda de exposicións, que viaxará por 30 coles da cidade, Arte na aula, na que, grazas ás directrices de Mingos Teixeira poidemos contemplar e analizar as obras de mais de quince prestixiosos artistas galegos.
    Ademais tivemos a oportunidade de avaliar a nosa creatividade mediante unha proposta que nos fixo Mingos Teixeira: imaxinar e debuxar unha vaca voando.

    ¡A verdade é que non fomos nada creativos e non superamos a proba!

    .

    viernes, 18 de marzo de 2011

    TRABALLAMOS NO EDI

    Durante o primeiro e segundo trimestre, os Laretas estivemos facendo actividades no encerado dixital relacionadas con cada un dos proxectos de investigación que levamos a cabo. Agora queremos compartilas con vós.
    Lembrade que para poder xogar na casa tedes que ter instalado no voso ordenador o programa NOTEBOOK
    1. Proxecto de investigación : ¿Para que sirven os números?
    2. Proxecto de investigación ¿As árbores respiran?
      1. As árbores
      2. O xogo do castiñeiro 
      3. Arbores e arte
      4. Las flores
    3. Outras actividades
      1. A paz
      2. Uxío Novoneyra

    TRABALLO MATEMÁTICO

    http://dl.dropbox.com/u/21888796/Trabajo%20matem%C3%A1tico.ppt

    jueves, 17 de marzo de 2011

    SAIDA A MEIRO

     Onte fomos de excursión a Meiro, grazas a Asociación para a  recuperación do millo corvo que ten unha serie de actividades programada, de carácter gratuito, donde lle amosan o ciclo completo do millo corvo, dende a sementeira ata a muiñada e elaboración do pan.
    Nos tivemos a oportunidade de facer o ciclo do pan: debullado,amasado e forneado en forno de leña e con follas de castaño, pero non puidemos disfrutar da muiñada nos muiños de auga da zona xa que a choiva non o permitiu.

    Así que cambiamos esta actividade pola visita ao museo MASSÓ, e alí poidemos aprender moitas cousas da segunda actividade mas importante dos galegos, a pesca: modalidades, útiles de pesca e ata maneiras de consevar o peixe, en salazón e en conserva.
    O millor de todo, a sesión final de volta na aldea para degustar o pan.


    lunes, 14 de marzo de 2011

    ENTROIDO E ENTERRO DA SARDIÑA

    AÍNDA QUE UN POUCO TARDE AHÍ VAI A NOSA REPORTAXE SOBRE ESTE ENTROIDO 2011



    

    VISITA A MEIRO EN BUEU

    O vindeiro mércores imos de excursión a Meiro, en Bueu, para coñecer de primeira man a laboura da asociación cultural do lugar en favor do rexurdir do millo corvo e alí, teremos a ocasión de profundizar no Ciclo do Pan.
    Para ir entrando en materia os Laretas xa fixemos un video sobre a historia do millo:



    jueves, 10 de marzo de 2011

    POXIMO RECITAL DE POESÍA

    O vindeiro 21 de marzo é o DÍA DA POESÍA e os Laretas laretiñas e laretóns non queremos perdernos tan importante data, así que somos os primeiros en apuntarnos ao II RECITAL DE POESÍA que organiza o biblioteca do centro para o vindeiro 22 de marzo. Alí estaremos!
    E ademais esperamos que tamén se inscriban moitos papás, mamás e avós para non ser, só nós, os protagonistas.
    Se vos gusta a poesía, e si non tamén, que vos acabará gustando, botade un ollo a esta pequena escolma lareteira.

    sábado, 5 de marzo de 2011

    ASÍ VAI O NOSO PROXETO DOS BOSQUES

    Os Laretas andamos moi ocupados coas nosas pescudas sobre o bosque de Galicia. Como xa dixemos andamos tamén a voltas co libro A selva de Tuga e ,que mellor, que facer un estudo comparativo entre o noso hábitat e o habitat da nosa amiga tartaruga. O resultado éun inmenso traballo plástico no corredor donde se representan distintos tipos de bosques: continental, cun espazo para o bosque típico de Galicia: a fraga; o bosque tropical; a sabana e o deserto.


    Para a sua composición utilizamos materiais de refugallo: tubos de cartón, plásticos, teas, bolsas do lixo, periódicos e revistas, papel.......combinados con materiais naturais ( pedras, ramas, e especies vexetais autóctonas: fentos, piñeiro, prantas enredaderas...

    Cada un dos bosques está delimitado co seu nome e serve de base para a pescuda das variedades vexetais do noso entorno. Temos xa un bosque galería formado por bidueiros feitos a escala  con papeis de revitas, conseguido despois de laboriosas sesións de manexo e utilización do metro e o compás.



    ¿QUEREDES SABER COMO FIXEMOS?

    Baseándonos en textos escritos, que buscamos previamente na biblioteca do centro, sobre as especies mais comúns do noso entorno, sentimos curiosodade por experimentar a altura real dalgunhas destas árbores e o grosor do seu tronco.En grupo, fomos elaborando na pizarra un cadro de dobre entrada que reflectise o díámetro de cada tronco.

    Nun intento de facelo co compás descubrimos que nos saían troncos mais grandes cas medidas rexistradas, así que ,despois de varios intentos chegamos a conclusión de que había que ter en conta a metade do diámetro para facer a circunferencia do tronco coa medida exacta.


    O seguinte paso foi completar as táboas coas medidas correspondentes á metade do diámetro (o radio).


    Con estas medidas baixamos ao patio e trazamos no chan os troncos e as alturas das árbores a tamaño real.

    Unha vez feito esto comenzamos a pescudar como facer o bosque galería no corredor. Escollemos os documentos escritos sobreárbores e anotamos na pizarra as alturas de cada unha delas.Xa comprobaramos no patio que dentro do cole esas medidas no caben , así que cavilamos como pasar esas medidas a un papel e que quedasen proporcionais.
    Empezamos buscando debuxos de cousas grandes, mais grandes ca aula. E... chegamos aos mapas . Despois de explicar as escalas fixemos todos xuntos na pizarra a nosa escala coas alturas das árbores. A cada metro de altura ´lle corresponde un centímetro sobre o papel. Comprobamos que nos quedaban árbores moi pequenas así que decidimos darlle dous centímetros por cada metro de altura. E sin querer xa estabamos traballando co concepto de dobre.