martes, 4 de mayo de 2010

OS MAIOS

O pasado venres 30 de abril, a clase dos coelliños brancos, de 4 anos, e nós fixemos UN MAIO.

Aprendemos que os maios son de orixe celta, e que se facían para conmemorar a chegada da primavera ou tempo de colleita, xa que era moi común naquela época o culto ao mundo vexetal e á fecundidade animal.


É esta unha tradición moi extendida por España como por exemplo en Cataluña, coñecidos como "les maiets", e por diversos países europeos como Rusia, Rumanía, Saxonia, Burdeos ou Francia.


En Galicia os maios facíanse, nuns casos, para pedir unha colleita abundante; chamábanse "alumear o pan ou danzas do pan". E outras veces para cantar coplas ás mozas con cruces de frores feitas nos camiños.


Os tipos de maios mais comúns son os maios-mozos nos que os mozos se visten con prantas e frores; e os maios figurativos: unha figura de paus cuberta de follas e frores.


Se queredes saber mais sobre os maios facede clic na imaxe.


Se queredes ver como fixemos o noso maio figurativo pinchade no álbum de fotos.

OS LARETAS E OS CASTROS

Os Laretas andamos a pescudar sobre a arte de Vigo ao longo da súa historia. Estamos metidos de cheo na cultura castrexa e seguiremos coa influencia dos romanos na nosa cidade. Andamos a construir poboados castrexos; ademais estamos a traballar nun obradoiro de coiro elaborando as nosas propias xoias.


Temos moitas preguntas ás que queremos dar resposta: onde vivían, que comían, a que se adicaban, como vestían , como se chamaban e que manifestacións artísticas nos deixaron.

Se queredes consultar as nosas fontes de información sobre esta etapa da historia facede clic na foto.

Agora que xa coñecemos algo mais da vida dos celtas en Vigo, imos imitalos; o primeiro que facemos éconstruir o noso castro para establecer un poboado no Monte do Castro. Engadímoslle un escudo cun nome celta .
Posto que sabemos que os celtas usaban o coiro para adornos, embarcacións ..., nós tamén traballamos con este material facendo xoias.