viernes, 18 de diciembre de 2009

UNHA PANXOLIÑA

Como di a panxoliña: xa veñen os Reis Magos, xa veñen os Reis Magos ... pero esta vez non foron a Belén, senón ao cole de Balaidos. Non os esperabamos e os Laretas quedamos todos moi pero que moi moi abraiados .


Falaron con nós persoalmente, déronnos caramelos e ata fixemos fotos. Xenial ¿eh?


miércoles, 16 de diciembre de 2009

¿QUEN TRAE OS AGASALLOS NO NADAL?

Este mes andamos a pescudar quen trae os agasallos no Nadal despois de que o loro Kakapo chegara ao noso cole cunha carta do seu primo o Loro Laretas.

Nela nos explica que ía camiño de Europa onde lle espera un grupo de loros carolina para axudarlle a atopar a súa voz. Na súa viaxe atopouse con xente preparando o nadal pero tamén cunha morea de tradicións e costumes distintas a nosa e por ahí andamos a pescudar.







O primeiro que nos chegou foi unha tradición de O Courel :
O Apalpador ou Apalpabarrigas.


Non deixedes de ler este libro.

A NOSA FELICITACIÓN

Dende a clase dos Laretas queremos felicitar o Nadal coa nosa postal e agradecer a todos os seguidores as vosas colaboracións.

E lembrade o vindeiro 22 de decembro é o noso último día de clase. Voltamos o 11 de xaneiro.

Estade atentos as novidades.
Publicaremos cousas moi interesantes.

miércoles, 9 de diciembre de 2009

OS NOSOS EXPERIMENTOS NO LABORATORIO

Durante este trimestre tivemos a oportunidade de ir ao laboratorio para investigar e dar resposta as nosas preguntas sobre o corpo humano comparándoo co noso. Averiguamos por que os loros teñen peteiro, para que lles sirve, porque teñen unllas e garras, como é o seu corpo por dentro e en que se parece ao noso. Descubrimos que temos moitas partes en común e outras diferentes e cal é a función de cada unha delas.

O noso primeiro experimento consistiu en saber que lle pasa aos ósos en contacto con algunhas substancias.
Para averigualo metemos un óso de polo en auga e outro en vinagre. Coa axuda da profe establecemos algunhas hipóteses do que acontecería :

UN ÓSO EN AUGA:

  • convírtese en polo.
  • énchese de auga.
  • cambia de cor.
  • parece mais gordo porque se reflicte no cristal do vaso.

    UN ÓSO EN VINAGRE:
  • cambia de tamaño.
  • pásalle o mesmo que ao que está na auga
  • afunde; non pode flotar.ponse da cor do vinagre.

Despois rexistramos as nosas observacións durante tres días nunha folla de rexistro e comprobamos as nosas hipóteses e establecemos outras novas:

  • o óso na auga pudre.
  • o óso ten pelo porque se está convertindo en polo ( era moho)

Na última observación comprobamos que o óso en vinagre dobra e establecemos as nosas conclusións sobre o que aprendemos:

  • Non se pode tomar moito vinagre porque é malo para a saúde.
  • Os alimentos "ácidos" destrúen o calcio dos ósos.

O noso seguinte esperimento consistiu en descubrir por que sentimos frío e calor. Estabamos todos moi seguros de que se sentimos frío é porque fai frío e se sentimos calor é porque fai calor.

Así que a profe convidounos a encher tres recipientes con auga: quente, do tempo e moi fría, con xeo. Durante 20 segundos tivemos unha man na auga quente e a outra na auga fría. Despois metemos cada unha das mans por separado na auga do tempo. ¡Que lío ! nunha man sentiamos a auga quente e noutra fría. A profe preguntábanos como estaba a auga e non sabiamos que dicir. Agora xa sabemos por qué, ¿e vós?.

Probade na casa ao entrar e sair da ducha.


Nas nosas clases no laboratorio tamén tivemos ocasión de ver unha célula. Falaramos moito delas na clase: as células da nosa pel, da sangue pero nunca víramos ningunha e alí estaban: as células da pel dunha cebola.


Ademais tivemos ocasión de compoñer os órganos do corpo humano e ler os libros que se atopan no laboratorio. Aprendemos unha morea de cousas e este trimestre...

¡acadamos catro estrelas no noso carnet de científico!.





sábado, 5 de diciembre de 2009

XA VEN O PASTEL....

O venres foi un día especial para os nosos compañeiros lareteiros que estiveron de aniversario en novembro e decembro.

Despois de estar aprendendo toda a semana as receitas que tiñamos que preparar, chegou o gran día.

Un grupo axudamos a facer o biscoito de limón, outro grupo fixemos batido de chocolate e o terceiro grupo fixemos coroas para agasallar aos nosos compañeiros.

Despois de recoller todo e poñer o biscoito no forno, fixemos dedicatorias e debuxos para os protagonistas.

Finalmente chegou o momento mais esperado: a festa; os anfitrións prepararon a mesa e serviron os batidos. Non parabamos de repetir o rico que estaba todo, tanto que acabamos os batidos e a profe tivo que preparar mais.

Tamén nos queixamos porque o biscoito nos pareceu pequeno.

¡Ademais de laretas somos uns lambóns!




Pero ademais de cociña aprendemos a compartir, a axudar e que os cumpreanos tamén poden ser fermosos e divertidos sen ter que mercar agasallos .

Para os lambóns coma nós estas son as nosas receitas:

BISCOITO DE LIMÓN

  • 3 ovos
  • 1 iogur natural
  • 2 vasos do iogur con azúcar
  • 3 vasos do iogur con fariña
  • 1 sobre levadura
  • 2 limóns
  • mantequilla para untar

BATIDO DE CHOCOLATE:

1 vaso de leite

3 cucharadas de Colacao ou Nesquik

¡ÑAM, ÑAM, A COMER!

Xa empezamos a facer as nosas receitas mais saudábeis. Neste proxecto utilizamos algúns dos froitos secos e carnosos cos que se alimenta o noso amigo o Loro Laretas para facer unha ensalada de froitas, que como dí o seu nome estaba rica, rica, riquísima.




¿Gustaríavos saber como a fixemos?

Ingredientes
  • 1 plátano
  • 2 pera
  • 1 mazá
  • 2 mandariñas
  • 3 noces
  • unhas pingotas de mel