
O noso primeiro experimento consistiu en saber que lle pasa aos ósos en contacto con algunhas substancias.
Para averigualo metemos un óso de polo en auga e outro en vinagre. Coa axuda da profe establecemos algunhas hipóteses do que acontecería :
UN ÓSO EN AUGA:
- convírtese en polo.
- énchese de auga.
- cambia de cor.
- parece mais gordo porque se reflicte no cristal do vaso.
UN ÓSO EN VINAGRE: - cambia de tamaño.
- pásalle o mesmo que ao que está na auga
- afunde; non pode flotar.ponse da cor do vinagre.
Despois rexistramos as nosas observacións durante tres días nunha folla de rexistro e comprobamos as nosas hipóteses e establecemos outras novas:
- o óso na auga pudre.
- o óso ten pelo porque se está convertindo en polo ( era moho)
Na última observación comprobamos que o óso en vinagre dobra e establecemos as nosas conclusións sobre o que aprendemos:
- Non se pode tomar moito vinagre porque é malo para a saúde.
- Os alimentos "ácidos" destrúen o calcio dos ósos.
O noso seguinte esperimento consistiu en descubrir por que sentimos frío e calor. Estabamos todos moi seguros de que se sentimos frío é porque fai frío e se sentimos calor é porque fai calor.
Así que a profe convidounos a encher tres recipientes con auga: quente, do tempo e moi fría, con xeo. Durante 20 segundos tivemos unha man na auga quente e a outra na auga fría. Despois metemos cada unha das mans por separado na auga do tempo. ¡Que lío ! nunha man sentiamos a auga quente e noutra fría. A profe preguntábanos como estaba a auga e non sabiamos que dicir. Agora xa sabemos por qué, ¿e vós?.
Probade na casa ao entrar e sair da ducha.

Ademais tivemos ocasión de compoñer os órganos do corpo humano e ler os libros que se atopan no laboratorio. Aprendemos unha morea de cousas e este trimestre...
¡acadamos catro estrelas no noso carnet de científico!.
¡¡¡¡Guau laretas cantas cousas fixéchedes, pero se sodes científicos de verdade!!!!. ¿Xian e Esteban que lle facedes a ese pobre home que ten todo por fora, as tripas o corazón....e só ten media cara? Eu non penso achegarme a ese laboratorio non sexa que me destripedes.
ResponderEliminarSeguide traballando tanto e pasándoo tan ben
bicos