miércoles, 25 de abril de 2012

COIDAMOS O PLANETA

Os Laretas decidimos, un ano mais, participar no concurso de IMEDIO sobre o coidado do medio ambiente, esta vez cos protagonistas de Madagascar. Así que decidimos facer:
- Os Laretóns: carteis sobre como nos gustaría ver o noso planeta con eslogans do que deberíamos facer e este foi o resultado:

- Os Laretiñas: unha canción para coidar e protexer a auga no noso planeta. Despois de compoñela fixemos este pequeno vídeo: