lunes, 22 de febrero de 2010

2010 ANO DO LIBRO E A LECTURA

O ano 2010 foi declarado ANO DO LIBRO E A LECTURA, pero ademais, é o centenario da morte de escritores e poetas como Andersen, ou 0 125º de Rosalía de Castro.
O día das LETRAS GALEGAS está adicado a Uxio Novoneyra. O 21 de marzo é o DÍA DA POESÍA e o 23 de Abril o DÍA DO LIBRO.
Ante tantas conmemoracións os Laretas estamos a preparar algo moi especial: UN RECITAL POÉTICO e gustaríanos contar coa colaboración das familias.

Se queres saber cousas de UXIO NOVONEYRA fai clic aquí.
Os Laretas retomamos hoxe o noso proxecto trimestral "¿Por que neva?, e o fixemos cun novo experimento: medindo a forza e dirección do vento.
Con material de refugallo construimos un medidor de vento e un remuíño que poidemos probar dende a ventá da nosa clase.

jueves, 18 de febrero de 2010

O ENTERRO DA SARDIÑA

Hoxe os Laretas vivimos un emotivo ENTERRO DA SARDIÑA. O sepelio tivo lugar ás 13.00 horas no CEIP de Balaidos e contou coa presenza de todos os laretas que con moita dor e consternación deron o último adeus ao Entroido. Somentes os gritos desgarrados dalgunha lareta e os choros romperon o silencio de tan triste momento.
Pero a tristeza desvaneceuse cando os Laretas poidemos degustar algúns dos doces típicos destas datas nunha sinxela pero alegre reunión na aula .

domingo, 14 de febrero de 2010

ÚLTIMA FUNCIÓN DO CIRCO BALAIDOS

Onte venres 12 de febreiro O GRAN CIRCO DE BALAIDOS despediuse ata outra ocasión cunha estelar actuación nos arredores do CEIP Balaidos .

A función comenzou a iso das 12:30 horas coa formación dos artistas presididos polo MECO. Seguíanlle paiasos, magos, animadoras, forzudos, mimos, malabaristas e ata domadores de tigres e leóns.

O público asistente tivo a oportunidade de disfrutar dun pasarrúas cheo de cor e alegría amenizado por pequenas coplas e moita, moita música.
O peche final tivo lugar no patio do gran circo coa lectura dunha emotiva despedida ao Meco e o seu xuizo final, antes de proceder a súa queima solicitada con fervor por todos os asistentes.
Rematamos cun gran baile amenizado polo noso gran Dj o PAIASETE RAFETE e os seus mais estreitos colaboradores encargados das labores de limpeza: OS PAIASOS BARRELOTODO ROGELIO E MANOLO.

Vexamos xa as reportaxes.

jueves, 11 de febrero de 2010

VISITA AO MARCO


Hoxe Os Laretas fomos visitar a exposición de Jorge Barbi no Museo de Arte Contemporáneo de Vigo. Saímos do cole as 10:30h acompañados dos nenos/-as de 1º A e os /as profes. No MARCO esperábannos as guías que nos acompañarían na visita. Dividíronnos en dous grupos e nós fomos con Cristina. Empezamos descubrindo o significado da palabra MARCO e falamos un pouquiño do que sabiamos de Jorge Barbi. (Un segredo: xa investigaramos na clase e sabíamos algo sobre o artista).

Despois comezamos a visita polas distintas salas. Como ao autor lle gusta tanto a natureza todas as súas obras están feitas con materiais naturais, como ésta, cunha chapa de aluminio e unha pistola de perdigóns. ¿ Que parece?







Unha pista : falamos do espazo



Seguimos cun fermoso xogo de linguaxe, buscando palabras que estivesen relacionadas coas partes do día.




Unha pista : falamos de tempo





É agora observamos simetrías. Os cadros de Jorge Barbie que observamos son fotos feitas polo artista na beira do mar, preferiblemente en sitios rocosos. Sodes quen de imaxinar que é eso tan branco?












¡Pois son as ondas do mar ao bater coas rochas.O artista duplica a foto no cadro de xeito que quede simétrica.!

¿E estas outras? Pois están feitas con elementos da natureza, en concreto con materiais que proveñen das gaivotas. Mirade:










Hora de relaxarse mirando as paredes desta sala chea de animais e números que nos dicen a esperanza de vida de cada un deles.




Observamos aquí series numéricas.





E rematamos visitando unha obra na que o artista utiliza o esquelete dun can e a sua propia silueta unidas pola cadea. Foi a que mais nos chamou a atención.
.










E que mellor xeito para rematar a nosa visita que facendo as nosas propias obras, meténdonos de cheo no papel de artistas. Este foi o resultado.










¡Aprender matemáticas é mais divertido a través do arte.!

martes, 9 de febrero de 2010

ENTROIDO EN BALAIDOS

Esta semana comenzan os festexos de Entroido no cole e "Os Laretas" sumámonos á festa.
Pasaremos a semana participando en obradoiros:

LUNS: OBRADOIRO DE CREACIÓN DE DISFRACES: MAGOS DE CIRCO

MARTES: OBRADOIRO DE MAQUILLAXE

MÉRCORES: OBRADOIRO DE ADORNOS

XOVES: OBRADOIRO DE MODELADO.





Ademais cada día seguimos con atención as ordes do MECO:
O luns: O meco anda amolado, tes que vir vendado.
O martes:Nenos traer, nenas traede ...un peluche
O mércores:traeremos unha perruca.
O xoves: ¡¡sorpresa!!



martes, 2 de febrero de 2010

OUTRAS CULTURAS

Hoxe tivemos a oportunidade de coñecer as costumes e xeito de vida de nenos/-as coma nós grazas á exposición que nos amosou a nai de Marcela.
Coñecemos as necesidades que teñen os nenos/-as de Centroamérica: lugares como O Salvador ou Nicaragua, donde as escolas son na rúa, a comida é moi picante e a meirande parte do ano fai moitísima calor.Tivemos a oportunidade de ver crías de tortuga e coñecer como se crían, como son os xoguetes e os pratos, vasos e culleres que fan coa cáscara dun froito típico da zona moi parecido á madeira.
Viaxamos a África, concretamente a Mozambique e alí coñecimos cómo son as súas casas, a súa comida, a súa roupa e a súa maquillaxe...
¿Sabiades que comen coa man? .
Pudemos ver e tocar as teas, os cadros que pintan sobre tea e moitas cousas mais.
¿Sabedes cal é a moeda que utilizan? . Fíxate ben na presentación de fotos da dereita e o saberás.
De todos os Laretas:
Moitas grazas pola túa colaboración Pepé.