jueves, 18 de febrero de 2010

O ENTERRO DA SARDIÑA

Hoxe os Laretas vivimos un emotivo ENTERRO DA SARDIÑA. O sepelio tivo lugar ás 13.00 horas no CEIP de Balaidos e contou coa presenza de todos os laretas que con moita dor e consternación deron o último adeus ao Entroido. Somentes os gritos desgarrados dalgunha lareta e os choros romperon o silencio de tan triste momento.
Pero a tristeza desvaneceuse cando os Laretas poidemos degustar algúns dos doces típicos destas datas nunha sinxela pero alegre reunión na aula .

1 comentario:

  1. Que bo que recuperar o enterro da sardiña, había moitos anos que non o vía. Ainda que non parece que fora moi triste, polo que se ve nas fotos, estades facendo unha festa comendo todo tipo de doces de entroido. Seguido así, traballando pero tamén festexando.
    Bicos
    Julio pai de Xián

    ResponderEliminar