jueves, 11 de febrero de 2010

VISITA AO MARCO


Hoxe Os Laretas fomos visitar a exposición de Jorge Barbi no Museo de Arte Contemporáneo de Vigo. Saímos do cole as 10:30h acompañados dos nenos/-as de 1º A e os /as profes. No MARCO esperábannos as guías que nos acompañarían na visita. Dividíronnos en dous grupos e nós fomos con Cristina. Empezamos descubrindo o significado da palabra MARCO e falamos un pouquiño do que sabiamos de Jorge Barbi. (Un segredo: xa investigaramos na clase e sabíamos algo sobre o artista).

Despois comezamos a visita polas distintas salas. Como ao autor lle gusta tanto a natureza todas as súas obras están feitas con materiais naturais, como ésta, cunha chapa de aluminio e unha pistola de perdigóns. ¿ Que parece?







Unha pista : falamos do espazo



Seguimos cun fermoso xogo de linguaxe, buscando palabras que estivesen relacionadas coas partes do día.




Unha pista : falamos de tempo





É agora observamos simetrías. Os cadros de Jorge Barbie que observamos son fotos feitas polo artista na beira do mar, preferiblemente en sitios rocosos. Sodes quen de imaxinar que é eso tan branco?












¡Pois son as ondas do mar ao bater coas rochas.O artista duplica a foto no cadro de xeito que quede simétrica.!

¿E estas outras? Pois están feitas con elementos da natureza, en concreto con materiais que proveñen das gaivotas. Mirade:










Hora de relaxarse mirando as paredes desta sala chea de animais e números que nos dicen a esperanza de vida de cada un deles.




Observamos aquí series numéricas.





E rematamos visitando unha obra na que o artista utiliza o esquelete dun can e a sua propia silueta unidas pola cadea. Foi a que mais nos chamou a atención.
.










E que mellor xeito para rematar a nosa visita que facendo as nosas propias obras, meténdonos de cheo no papel de artistas. Este foi o resultado.










¡Aprender matemáticas é mais divertido a través do arte.!

1 comentario:

  1. Hola de novo laretas. Había unha chea de tempo que non visitaba o voso blog e a verdade e que tendes unha morea de cousas novas e interesantes. ¡Non parades quetos! Só para botar unha sestiña no Marco, ou entón ¿qué faciades todos deitados no chan? Gústame moito esa foto, está moi chula.
    Bicos

    ResponderEliminar