jueves, 9 de febrero de 2012

Visitamos a industria cárnica de LAGO

O pasado mércores 8 de febreiro os Laretas fumos invitados a visitar esta industria cárnica.
Recibíunos o encargado, que nos explicou cómo traballaba a empresa e que iamos ver. É unha das empresas máis modernizadas do sector, onde a maquinaria é moi importante, manexada e controlada atentamente polos traballadores e traballadoras.
Como é unha industria de alimentación e hai uns protocolos de hixiene, tíñannos preparada a vestimenta adecuada: unha funda plástica (cortada a medida), gorro, cobertores para o calzado e unha mascarilla.
Tratáronnos estupendamente e ensináronnos todo o proceso de despiece e empaquetado dos seus produtos: dende que chegan os camións ata que pechan as caixas e as almacenan.
O que máis nos gustou a todos e todas foi a preparación das albóndigas, que logo nos regalaron para levar ás nosas casas.
Sacáronnos moitas fotos que nos mandarán e que colgaremos nese momento no blog.
Agradecemos a todo o personal da empresa o trato e a súa adicación. Tamén, como no, a ese papá que nos ofertou e conseguíu esta interesantísima visita.
Para que teñades máis información sobre esta industria podedes visitar a súa web: http://www.lago-aves.com/

Montáchedes o camión-calendario na casa? Seguro que vos quedou coma este:


Queredes xogar un rato co anagrama desta empresa? Pois podedes facer un puzzle se pinchades aquí.

lunes, 6 de febrero de 2012

Exhibición de esgrima

O venres contamos coa presenza no cole de representantes do clube de esgrima El  Olivo de Vigo para darnos unha pequena charla sobre o esgrima, as suas orixes, reglas, vestimenta, as armas....
Para coñecer todo o que aprendimos e fixemos podedes ir ao blog da biblioteca pinchando aquí. Veredes moitas cousas interesantes.
Como adianto tedes estas fotos: