miércoles, 29 de diciembre de 2010

Os cumples de fin de ano

Faltábanos por ver a "festa rachada" que se montou no derredeiro cumple do 2010.
Os nenos e nenas que cumpliron en novembro e decembro invitáronnos a unha merendola de impresión.
Mirade que ben o pasamos e como "devoramos"!


E que ben sairon os homenaxeados!!!

lunes, 27 de diciembre de 2010

Felicitacións lareteiras

Aínda que está subida un pouco tarde (e que este loro ten moita vida social), aquí tedes a felicitación lareteira con todo o agarimo do mundo.

Bo nadal e mellor ano 2011!!!


Somos uns artistas

Quen o diría, verdade?
Estos Laretas xa son artistas consagrados!!!
Queredes velos en acción?
Moi ben, pero antes fixádevos no que colaboraron moitos papis e mamis.


E agora ...

Estades preparados?

Sentádevos que vai comenzar a función!

1ª parte: Globos de cores



2ª parte: Cando Martiño tivo ganas de mexar na noite de reis


A visita dos Reis Magos

Un día nos avisan de que están os REIS MAGOS no salón de actos esperando por nós.
Menuda emoción!!!
Baixamos como balas e... isto foi o que aconteceu...

Preparamos o nadal

Preparando o nadal fumos deixando "cousiñas" para que o cole estivese máis bonito.
Fixemos debuxos


Decoramos os pasillos e preparamos un belén

Mandamos postais aos nosos amigos

Post a Is

Aprendemos sobre Etiopía

A profe Bea sempre está a agarllar cousas novas e, como está traballando Africa con todo o colexio pedíulle a súa colaboración a papás e mamás. Cando tocou o turno de Etiopía, a nai de Zerihum e Senait vía a ensinarnos moitas cousas.

jueves, 2 de diciembre de 2010

CONTADORES LARETEIROS

O martes empezamos cunha primeira sesión de contacontos a cárrego de Ruth, nai de David Conde que se ofreceu como primeira contadora lareteira. Poidemos disfrutar dun fermoso conto titulado "La gallina roja" que para sorpresa dos cativos foi en inglés.
¡Pero non pensedes que non se enteraron de nada!. ¡Mirade que caras!
Esperamos que se animen mais familias para encher a noso "Tempo de ler" con mais contadores lareteiros.

SAÍDA AO VERBUM

O venres estivemos no VERBUM nunha sesión de contacontos que compartimos con dous coles mais de Vigo. Tivemos a oportunidade de escoitar relatos, cantar e ata ollar os contos da bicicleta viaxeira.
Pasámolo Boooombaaaaa!

domingo, 21 de noviembre de 2010

OS REIS NON O TEÑEN DOADO

VISITA Á EXPOSICIÓN DE PEDRO SOLVEIRA

O luns fomos visitar a exposición de Pedro Solveira Collazo na Casa das Artes. Na clase aprenderamos que naceu en Vigo o 23 de novembro de 1932 e que viviu en Madrid e París; pero aínda nos quedan moitas cousas por aprender. Non vimos ningunha foto súa e cada un imaxinámolo dun xeito diferente. Ademais non chegamos a acordo sobre si é pintor, escultor ou carpinteiro. Con todas estas hipóteses tampouco poidemos aclararnos sobre cal será a sua técnica de traballo aínda que nos pensamos en varias: acuarela, témpera, carbonciño, lápices de cores no caso de que sexa pintor; barro, metal, papel ou area no caso de que sexa un escultor e como non madeira por si é carpinteiro. Ata nos preguntamos se utilizará números nas suas obras.


Para saber mais entra na súa páxina web. Pincha aquí.
Durante a visita tivemos a sorte de contar co mesmo Pedro Soplveira como guía e contounos unha morea de cousas sobre como fai as suas obras: con madeitra, ferro, papel,metacrilato, aceiro.
Poidemos comprobar en vivo e directo como algunhas das as nosas hipóteses sobre a técnica utilizada eran correctas e algunha que outra falsa.
Despois de ver as súas obras e unha película sobre a sua vida chegou a rolda de preguntas, ás que contestou con moita pacencia. Ata nos enteramos que ao día seguinte estaba de cumpreanos e o felicitamos, feito que o emocionou un pouco.
Para finalizar xogamos :"Vexo, vexo, que ves? un cadro feito con...."
Aquí van algunhas fotos do día:

sábado, 13 de noviembre de 2010

CIENTÍFICOS POR UN DÍA

Os Laretas laretiñas e laretóns conmemoramos A semana da ciencia en galego investigando sobre a prantación e o ciclo das plantas .

Primeiro investigamos en internet e atopamos este vídeo:






Despois aplicamos o aprendido con bulbos de tulipáns, narcisos, crocus, e iris.



Queredes vernos en pleno proceso?
Pois aquí estamos experimentando coa terra e os bulbos.
Fixádevos no "concentrados" que estamos !!!







E por último podedes ver as secuencias que traballamos na clase sobre os pasos na plantación:

Plantamos un bulbo

NO MAGOSTO CASTAÑAS ASADAS E MOSTO

En Balaídos cumprimos os refráns a raxatabla e sen perder tempo puxémonos a asar castañas o primeiro día que non chovía. Este é o resultado:

domingo, 7 de noviembre de 2010

Recetas e máis receitas para facer con cabaza

Seguro que este outono haberá días nos que esteades aburridos no casa sen saber que facer.
Temos a solución lareteira: o recetario lareteiro.
RECETARIO samaín

Se queredes máis, aquí vos van unha chea delas:
Receitas de samain: http://www.lacocinadelechuza.com/2009/10/en-galicia-celebramos-el-samain-con.html
Lasaña de cabaza: http://artigoo.com/lasana-de-calabaza
Tarta de cabaza: http://pili-lacocinadepili.blogspot.com/2007/03/tarta-de-calabaza-laigh.html
Muffins de calabaza: http://rezeditas.blogspot.com/2009/09/muffins-de-calabaza-y-datiles.html
Batido de cabaza: http://www.diezminutos.es/tendencias/recetas/cocina-natural/batido-de-calabaza
Batido cabaza light: http://www.revistaocio.com/ver_noticia/1889-batido-de-calabaza-light
Batido de calabaza y canela http://www.miblogazine.com/2010/02/rico-batido-de-calabaza-y-canela/
Galletas de cabaza: http://www.google.es/imgres?imgurl=https://blogger.googleusercontent.com/img/b/R29vZ2xl/AVvXsEgqnI7gGraNgrKv-XqhGqun2287vDK4qrunlTqomRMlDSRuj0XQOAZMd0NVXQ9JhQDcBnnWdmQxt4Ex3900f6vuPdTXLbxMuwn7hfgiLp9_PniUMdy4T44tap9lig6eIritR2s4RNRiVDc/s400/Comidas+171.jpg&imgrefurl=http://morenisa.blogspot.com/2008_04_01_archive.html&usg=__zqUc1etA0Iur6Ij26JaSEuX28Fs=&h=300&w=400&sz=33&hl=gl&start=15&zoom=1&itbs=1&tbnid=LRg_5NrhfXC0bM:&tbnh=93&tbnw=124&prev=/images%3Fq%3Dbatiendo%2Bcalabaza%26hl%3Dgl%26sa%3DN%26gbv%3D2%26ndsp%3D20%26tbs%3Disch:1
Budín de cabaza con noces: http://lacocinadebender.com/zapallo-budin-nueces/postres-pasteleria/
Bizcocho de cabaza e noces: http://cocinandoconelalma.foroactivo.com/platos-dulces-f14/bizcocho-de-calabaza-y-nueces-t3695.htm?highlight=bizcocho
Ñoquis de cabaza: http://lacocinadeile-nuestrasrecetas.blogspot.com/2008/06/oquis-soufle-de-calabaza-multiuso.html
Aperitivos templados de cabaza: http://www.google.es/imgres?imgurl=http://fotos.subefotos.com/d21cfb4acd8247ca05024919ecd6174do.jpg&imgrefurl=http://ladolcevitavegana.blogspot.com/2009_10_01_archive.html&usg=__72IMeZomK_pwD745HY3P8WZ-Y7s=&h=551&w=319&sz=37&hl=gl&start=16&zoom=1&itbs=1&tbnid=xCjFpukVe_2SZM:&tbnh=133&tbnw=77&prev=/images%3Fq%3Dbatiendo%2Bcalabaza%26hl%3Dgl%26sa%3DN%26gbv%3D2%26ndsp%3D20%26tbs%3Disch:1
Terrina de cabaza e peras: http://www.directoalpaladar.com/recetas-vegetarianas/terrina-de-calabaza-y-peras-receta
Fritura de cabaza: http://recetasdelujo.com/7702/fritura-de-calabaza-2/
Tortilla de flores de cabaza: http://www.google.es/imgres?imgurl=http://www.recetasgratis.net/images/recetas/20100522042117.jpg&imgrefurl=http://www.recetasgratis.net/Receta-de-Tortilla-flor-calabaza-receta-11173.html&usg=__X7EFiZc_G1Vzy_nm3H0nUHn9a8Q=&h=404&w=395&sz=66&hl=gl&start=28&zoom=1&um=1&itbs=1&tbnid=tWqBTolZzCZwWM:&tbnh=124&tbnw=121&prev=/images%3Fq%3Dbatir%2Bcalabaza%26start%3D20%26um%3D1%26hl%3Dgl%26sa%3DN%26ndsp%3D20%26tbs%3Disch:1
Rosquillas de cabaza :http://www.google.es/imgres?imgurl=https://blogger.googleusercontent.com/img/b/R29vZ2xl/AVvXsEhwxvrF6UXPe8HuzLjIr_vYXSf4nl2zFdaaXAanvYOhynsrdmDAK-kbKItUCIxX981kumXQNMbZPWwBt03lxWvvuGu4iACAsXibfA9uDzwGKvzn0VMDhn8Ghpu5iRyU5VAHdQNVpBjrE73P/s400/roscos-agua.jpg&imgrefurl=http://lengua4.wikispaces.com/recetas2&usg=__TMYbYWXiBEGQbIBph67T4atGgSQ=&h=300&w=400&sz=49&hl=gl&start=34&zoom=1&um=1&itbs=1&tbnid=J4iu9r9qCnM9ZM:&tbnh=93&tbnw=124&prev=/images%3Fq%3Dbatir%2Bcalabaza%26start%3D20%26um%3D1%26hl%3Dgl%26sa%3DN%26ndsp%3D20%26tbs%3Disch:1

martes, 2 de noviembre de 2010

Grandes éxitos do Samaín

Lareteiros e lareteiras, poñede moita atención porque xa sairon os grandes éxitos dos que falabamos hai uns días:

El brujito de Gulugú (versión Laretiñas)


Patatín Patatán


El fantasma Cucufate

domingo, 31 de octubre de 2010

LARETAMOS NO SAMAÍN

Vaia festa de samaín,
que digo festa ... festín.
Festín? Non, mellor un festón
cun brujito comilón
e a pantasma pantasmín.

Menudo día o venres coa celebración do Samaín.

Foi a "tolemia" total.
Empezamos o día nas filas xa asustando aos demáis compañeiros e ao chegar á clase: as receitas lareteiras de Samaín.





Despois viñeron nenos e nenas de sexto, cos seus disfraces e todo, contarnos historias de medo inventadas por eles mesmos.




Non podiamos ser menos e fumos cantarlles as nosas cancións tamén por algunhas clases.

Como somos responsables, fumos cumplir co noso deber electoral na votación para o Concurso de cabazas.





Logo tocou o turno da merenda-celebración de cumples-samaín. Os laretas que estiveron de cumple nos meses de agosto, setembro e outubro nos prepararon unhas delicias das que cáseque non deixamos nin as migas: dedos de zombi, tarta de cabaza e de bebida "sangue de vampiro" .



Como non podía ser menos, ao rematar o recreo tivemos sesión de baile co profe Rafa como "pinchadiscos".




Unha festa rachada!!!

Os "brujitos" lareteiros

Na clase dos Laretiñas ocurríusenos que para aprender mellor a canción do "Brujito de Gulugú" non había nada mellor que poñerse na súa pel. Como non podía ser doutro xeito, déusenos por nos disfrazar.
Aquí tendes o resultado:

martes, 26 de octubre de 2010

COUSIÑAS PARA FACER EN SAMAÍN

Xa queda menos para o día de difuntos e os Laretas preferimos estar entretidos nunhas datas tan terroríficas .Aquí van algúns enlaces para divertirnos en familia.
  1. O Samaín
  2. Tallar cabazas
  3. Canción de los esqueletos:

3. O xogo de samaín

4. Peliculas Disney ( en inglés):

"The skeleton dance"

"The haunted house"

"A Caillou le encanta Halloween"

viernes, 22 de octubre de 2010

OS LARETAS E ANXO FARIÑA

Os Laretas conmemoramos o Día da biblioteca convertíndonos en ilustradores por unha hora; e todo grazas a visita de Anxo Fariña ao noso centro o pasado xoves.
Tivemos a oportunidade de facer os mesmos debuxos ca él. SI, SI como ledes!.
¡ Os mesmos debuxos! e saíronnos como lle saen aos auténticos profesionais.

Debuxamos aos Pelelliños e aos protagonistas dos Megatoxos, dúas coleccións que él ten como escritor e ilustrador.
Se queredes saber mais sobre a súa vida e obras, ahí vai un pouco de información.











Agora comparede, DEBUXAMOS COMO PROFESIONAIS , ¿NON SI?





jueves, 21 de octubre de 2010

OS PRIMEIROS EXPERIMENTOS

Xa empezamos a facer as primeiras laretadas no laboratorio, e que mellor maneira que dando resposta as nosas preguntas sobre a utilidade dos números.
Empezamos cun experimento sobre o noso corpo: as nosas medidas. E.. non pensedes que aos Laretas nos resultou doado. O primeiro problema chegou cando tivemos que escoller a unidade de medida: O METRO
Levounos un pouco afacernos aos distintos tipos de metros (metálicos, de carpinteiro, cinta métrica, e regras) porque algún non se prestaba moito para medir o perímetro da cabeza ou a cintura. Isto levounos algún tempo ata que descubrimos que se podía utilizar a cinta métrica.








A cousa tamén se compricou cando o metro non chegaba para medir a nosa altura e houbo que probar utilizando mais de un á vez.
¿Como medimos os brazos?



¿E os dedos da man?








¿e as pernas?





Agora toca medir o pé. Eh!, con zapato ou sin él? Ademais o número do zapato non coincide coa medida do meu pé!.
Chegados aquí houbo diferencia de opinións e establecéronse diferentes hipóteses.
Ao final parece que as cousas se foron aclarando e rexistramos por escrito as nosas observacións


Descubrimos tamén que os números están presentes na roupa e na rúa e sen pensalo mais traballamos a orde numérica coas nosas camisetas no recuncho das mates e baixamos ao patio do cole para ver os números na rúa. O primeiro as matrículas dos coches.