jueves, 21 de octubre de 2010

OS PRIMEIROS EXPERIMENTOS

Xa empezamos a facer as primeiras laretadas no laboratorio, e que mellor maneira que dando resposta as nosas preguntas sobre a utilidade dos números.
Empezamos cun experimento sobre o noso corpo: as nosas medidas. E.. non pensedes que aos Laretas nos resultou doado. O primeiro problema chegou cando tivemos que escoller a unidade de medida: O METRO
Levounos un pouco afacernos aos distintos tipos de metros (metálicos, de carpinteiro, cinta métrica, e regras) porque algún non se prestaba moito para medir o perímetro da cabeza ou a cintura. Isto levounos algún tempo ata que descubrimos que se podía utilizar a cinta métrica.








A cousa tamén se compricou cando o metro non chegaba para medir a nosa altura e houbo que probar utilizando mais de un á vez.
¿Como medimos os brazos?



¿E os dedos da man?








¿e as pernas?





Agora toca medir o pé. Eh!, con zapato ou sin él? Ademais o número do zapato non coincide coa medida do meu pé!.
Chegados aquí houbo diferencia de opinións e establecéronse diferentes hipóteses.
Ao final parece que as cousas se foron aclarando e rexistramos por escrito as nosas observacións


Descubrimos tamén que os números están presentes na roupa e na rúa e sen pensalo mais traballamos a orde numérica coas nosas camisetas no recuncho das mates e baixamos ao patio do cole para ver os números na rúa. O primeiro as matrículas dos coches.







1 comentario:

  1. Encántame ver os nenos traballando, parecen contentos e moi dispostos.

    Está moi ben que nos ensines estas fotos e que nos deixedes participar, así tamén se comenta na casa dunha maneira máis visual o que se traballa na clase.

    ResponderEliminar