domingo, 31 de octubre de 2010

LARETAMOS NO SAMAÍN

Vaia festa de samaín,
que digo festa ... festín.
Festín? Non, mellor un festón
cun brujito comilón
e a pantasma pantasmín.

Menudo día o venres coa celebración do Samaín.

Foi a "tolemia" total.
Empezamos o día nas filas xa asustando aos demáis compañeiros e ao chegar á clase: as receitas lareteiras de Samaín.





Despois viñeron nenos e nenas de sexto, cos seus disfraces e todo, contarnos historias de medo inventadas por eles mesmos.




Non podiamos ser menos e fumos cantarlles as nosas cancións tamén por algunhas clases.

Como somos responsables, fumos cumplir co noso deber electoral na votación para o Concurso de cabazas.





Logo tocou o turno da merenda-celebración de cumples-samaín. Os laretas que estiveron de cumple nos meses de agosto, setembro e outubro nos prepararon unhas delicias das que cáseque non deixamos nin as migas: dedos de zombi, tarta de cabaza e de bebida "sangue de vampiro" .



Como non podía ser menos, ao rematar o recreo tivemos sesión de baile co profe Rafa como "pinchadiscos".




Unha festa rachada!!!

No hay comentarios:

Publicar un comentario