lunes, 30 de enero de 2012

IMOS PARTICIPAR NOS XOGOS OLÍMPICOS

Os Laretas estamos xa a investigar sobre a orixe e organización dos xogos olímpicos para poder participar no acto inaugural que se levará a cabo este  Entroido no noso cole. 
Os laretiñas de 2º A e os laretóns de 2º B imos participar como deportistas de esgrima e para iso puxémonos en contacto por correo electrónico con varios clubes de esgrima de Vigo e......


¡SORPRESA!   ¡SORPRESA!

Imos contar cunha clase presencial impartida polo monitor do clube Yann o que nos vai garantizar unha medalla olímpica nos  xogos Balaidos 2012  que terán lugar o vindeiro día 17 de febreiro.
Se queredes aprender mais cousas sobre os xogos olímpicos visitade o blog da biblioteca: 
"O recuncho de Xoan".


Agora estaredes preguntándovos como imos ir vestidos. Pois esta será a nosa vestimenta:

  • Pantalón branco ou leggins  brancos
  • Chaqueta ou xersei branco
  • Unha luva negra para a man armada
  • Tenis brancos
  • Máscara feita cun colador ao que lle coseremos un peitoral. 
  • Florete