miércoles, 17 de marzo de 2010

Despois de moito investigar sobre o clima centrámonos nos climas fríos e polares, e comenzamos unha viaxe pola Antártida, donde descubrimos aos esquimós.Con toda a información estamos a facer un estudo comparativo entre as nosas costumes e condicións de vida e as do pobo esquimal: hábitat, vivenda, vestido, alimentación, deportes, fauna, arte...

viernes, 12 de marzo de 2010

33 RAZÓNS PARA LER

LER POESÍA

Os Laretas estamos a ler moita poesía durante este mes de marzo, e nos está a gustar moito. Agora andamos a voltas co libro VENTOS de Antonio G. Teijeiro e os poemas de Uxío Novoneyra sobre a neve. Deste xeito o noso proxecto ¿porque neva? tamén bota unha ollada a literatura.

Dende aquí queremos animar a todas as familias a que leades poesía con nós e por iso imos facer algunhas recomendacións.

Hai moitas razóns para ler poesía:


  1. A poesía non require moito tempo , xa que os poemas adoitan ser breves.

  2. Lendo poesía melloras o teu vocabulario.

  3. Os poetas móstranche o mundo dende unha nova perspectiva .

  4. A poesía fai pensar. É un desafío a que a comprendas e a interpretes.

  5. A poesía tamén pode ser divertida.

¿Ainda non non estás convencido/-a?. Ofrecerémosche mais razóns.