sábado, 2 de octubre de 2010

OS LARETAS ACADAN O CARNÉ DE CICLISTA

Esta semana os Laretas tivemos a oportunidade de facer un circuito en bicicleta no patio do cole a cárrego da Fundación Óscar Pereiro e dirixido por Luís Fernández Oliveira, "Oli", exciclista profesional.
Fixémolo tan ben que todos, bueno non todos, como podemos ver no video, acadamos o carné de ciclista. Ata o loro Laretas ten o seu!
Ademais averiguamos a función que teñen os números no deporte grazas as explicacións que Oli nos deu nunha entrevista que lle fixemos minutos antes de comenzar coas prácticas.
A continuación podedes ver o video desta primeira laretada en bibicleta.


5 comentarios:

  1. ola son erin. gustoume moito o dia das bicis.

    ResponderEliminar
  2. Ola, son a nai de Yago, paréceme unha boísima actividade. Yago pasouno moi ben, e está contentísimo coa idea de ter o seu carné.
    Grazas.

    ResponderEliminar
  3. Moi boas laretas,que ben se vos da facer preguntas có micrófono,xa podedes sair polo lagares con carnet...son Mari a nai de Breixo.Biquiños a tod@s.

    ResponderEliminar
  4. Hola Larpeiros...Digo Laretóns je je -con isto das festas gastronómicas a diario-... Pois iso,somos David Conde e os seus papás e queriamos dicir que a xornada ciclista estivo moi ben. Mais botamos en falta a Laretas,xa que como ben sabedes os loros saben pedalear. Seguriño que a Laretas lle gustaría te-lo carné.¿Alguén de vós vaillo preguntar?.
    Ademáis gustaríanos ver a Tuga a tartaruga. Rapaces de primeiro B ¡acercade a Tuga á cámara que está moi agochada!

    ResponderEliminar
  5. ola laretas! un pequeno lareta que teño na casa contóume que o pasou moi ben o día das bicis. Unha moi boa actividade. (por certo, son Sonia, a nai de Aike). Moitos bicos.

    ResponderEliminar