Laretas, como vexo que esta vez resolvestes o enigma con rapidez, déixovos algunha información sobre o lugar no que estiven esta semana. Xa sabedes que sigo a percorrer a provincia de Pontevedra, aínda que xa estou a cavilar en viaxar a mais lonxe.
Estiven nun lugar moi preto de Vigo onde acostuman a festexar tradicións moi galegas como os Maios ou a festa da Coca nesta última facendo alfombras de flores. Por certo, ¿coñecedes a historia da Coca?
Conta a lenda que fai séculos vivía cerca de Redondela un dragón que de cando en vez achegábase á vila para levar a unha xoven a súa cova. Así o fixo varias veces, ata que os xóvenes mariñeiros, armados de coraxe, un día acordaron encararse ao monstruo. Así o fixeron e despois dunha dura loita sairon victoriosos. Xa vencido trouxérono ao pobo, ao mesmo tempo que liberaron ás xóvenes que tiña na cova. Foi aquí, en Redondela, despois de que o dragón dera os seus últimos suspiros, cando os valentes xóvenes, collendo as espadas uns a outros, empezaron a bailar arredor do dragón morto.

¿Aínda non sabedes onde estiven?.
Aquí van mais pistas.
No hay comentarios:
Publicar un comentario