sábado, 5 de marzo de 2011

ASÍ VAI O NOSO PROXETO DOS BOSQUES

Os Laretas andamos moi ocupados coas nosas pescudas sobre o bosque de Galicia. Como xa dixemos andamos tamén a voltas co libro A selva de Tuga e ,que mellor, que facer un estudo comparativo entre o noso hábitat e o habitat da nosa amiga tartaruga. O resultado éun inmenso traballo plástico no corredor donde se representan distintos tipos de bosques: continental, cun espazo para o bosque típico de Galicia: a fraga; o bosque tropical; a sabana e o deserto.


Para a sua composición utilizamos materiais de refugallo: tubos de cartón, plásticos, teas, bolsas do lixo, periódicos e revistas, papel.......combinados con materiais naturais ( pedras, ramas, e especies vexetais autóctonas: fentos, piñeiro, prantas enredaderas...

Cada un dos bosques está delimitado co seu nome e serve de base para a pescuda das variedades vexetais do noso entorno. Temos xa un bosque galería formado por bidueiros feitos a escala  con papeis de revitas, conseguido despois de laboriosas sesións de manexo e utilización do metro e o compás.



¿QUEREDES SABER COMO FIXEMOS?

Baseándonos en textos escritos, que buscamos previamente na biblioteca do centro, sobre as especies mais comúns do noso entorno, sentimos curiosodade por experimentar a altura real dalgunhas destas árbores e o grosor do seu tronco.En grupo, fomos elaborando na pizarra un cadro de dobre entrada que reflectise o díámetro de cada tronco.

Nun intento de facelo co compás descubrimos que nos saían troncos mais grandes cas medidas rexistradas, así que ,despois de varios intentos chegamos a conclusión de que había que ter en conta a metade do diámetro para facer a circunferencia do tronco coa medida exacta.


O seguinte paso foi completar as táboas coas medidas correspondentes á metade do diámetro (o radio).


Con estas medidas baixamos ao patio e trazamos no chan os troncos e as alturas das árbores a tamaño real.

Unha vez feito esto comenzamos a pescudar como facer o bosque galería no corredor. Escollemos os documentos escritos sobreárbores e anotamos na pizarra as alturas de cada unha delas.Xa comprobaramos no patio que dentro do cole esas medidas no caben , así que cavilamos como pasar esas medidas a un papel e que quedasen proporcionais.
Empezamos buscando debuxos de cousas grandes, mais grandes ca aula. E... chegamos aos mapas . Despois de explicar as escalas fixemos todos xuntos na pizarra a nosa escala coas alturas das árbores. A cada metro de altura ´lle corresponde un centímetro sobre o papel. Comprobamos que nos quedaban árbores moi pequenas así que decidimos darlle dous centímetros por cada metro de altura. E sin querer xa estabamos traballando co concepto de dobre.


 




1 comentario:

  1. Alucino! Se isto é o que fan os nenos en primeiro, que farán cando cheguen a sexto!. Felicito a todos, profes e nenos, porque o voso traballo é impresionante. Os nenos aprenden, divírtense e todo desde un enfoque práctico e cercano aos seus intereses. Noraboa!

    ResponderEliminar