Fumos ao xardín despois de que os profes falaran con Rogelio para localizar o sitio onde lles poidese dar o sol e poidesen crecer e florecer sen problemas.
Primeiro, sentados na herba, falamos de que era un bulbo e de como habería que plantalo. Decidimos deixar as sementes para outra ocasión.
Logo cada Lareta foi colocando no seu burato un bulbo (mesmo houbo que repetir, pois había de máis).
E aquí tendes as fotos que testemuñan este experimento.
Sairá algo de aquí?
Hola laretas,son Mari a nai de Breixo,estades feitos uns xardineiros magnificos e xa comezan a sair esas plantiñas,o xardin vai quedar estupendo,xa estará contento Rogelio,pero agora non xoguedes por ahi que podedes pisar algunha sin querer.Biquiños e seguide así.
ResponderEliminar