jueves, 1 de marzo de 2012

Visita a EL NOGAL

O pasado mércores 29 de febreiro fumos coñecer a industria alimentaria EL NOGAL, de froitos secos.
Ao chegar, un empregado moi amable ensinounos, cunha montaxe audiovisual, de onde proviñan os froitos secos que alí se trataban. Vimos que de moitas zonas do mundio: dende Norteamérica ata Africa, aínda que algúns, como a noz ou a avelá producíanse aquí, en España.
Poidemos comprobar como tostaban os cacahuetes, embolsaban as pipas e empaquetaban as pasas
Estivemos admirando o sistema de almacenaxe. Vimos como dando a un simple botón negro se movían todas as estanterías para poder acceder a elas e clasificar os produtos e comprobamos a seguridade, pois si topaban con algún obxecto enseguida se detiñan.
Se queredes máis información podedes visitar a súa web http://www.elnogal.com/
E como no, aquí tendes a nosa reportaxe fotográfica da visita:


No hay comentarios:

Publicar un comentario