
Hoxe o noso compañeiro Roi trouxo a clase os seus periquiños. Poidemos observar que cores teñen, como son as suas patas, o peteiro e os buratos para respirar e, ata como se balancean e se miran ao espello.
Roi explicounos que comen sementes e froita e beben auga; e que ás veces lle dan un baño con auga e xabrón.

Despois escribimos a noticia para que todos se enteraran e.....a fixemos tan ben que a clase de 3º B pediulle os periquiños a Roi para levalos uns minutiños a sua clase.
Velaí van unhas fotos e algunha das noticias feitas na clase.

Roi, que chulos son os teus periquitos, e que presumidos, así que lles gusta mirarse ó espello ¿teñen nome?
ResponderEliminarUn bico
Puri (a mamá de Pedro)
Laretas, como vexo que vos gustan os paxaros mándovos isto que atopeí, son diferentes paxariños silvestres cantando,todos cantan moi ben e cada un diferente:
ResponderEliminarhttp://www.youtube.com/watch?v=aBuBYu34rNE
espero que vos guste