
Aprendemos duas adiviñas que nos enviou o loro Laretas por mail e fixemos un mural no corredor con refráns e poemas do magosto.
¡A ver se as adiviñades!
Alta estou
capotiña teño
se ven o vento
non o deteño.
Para os que non acertaron , unha pista:
Son de cor chocolate
ábrense coa calor,
e se as metes no forno
estoupan con grande sabor.
Hoxe baixamos ao patio co resto dos nenos/-as do cole e alí fixemos seis xogos: trompos, carreiras de sacos, a castaña na culler, o "pañuelito", o xogo da rá, e o da corda. Logo comemos castañas asadas e a bailar grazas a música do "DJ"da festa.
¡Ah tamén tivemos fotógrafo oficial!.
Ahí vai un pequeno adianto.
Contoume un dos laretas que o DJ tiña moita marcha. E que a Manolo non se lle queimaron as castañas. A min a foto que mais me gustou foi a da carreira de sacos ¡Ese Sete!
ResponderEliminar