Os Laretas estivemos moi ocupados o pasado venres conmemorando a festa do Samaín. Fixemos caretas de esqueletes, aprendemos unha poesía e o significado da festa, limos historias de medo á escuras, somentes coa luz dunha cabaza, e fixemos un mural no corredor para anunciar a festa aos nosos compañeiros.
Despois coas nosas caretas fomos polas aulas de primaria a asustar a nenos/-as e mestres, e recitarlle a poesía que aprendemos.
Despois do recreo, tocoulle o turno aos pequenos de infantil. Fomos moi contentos a asustar aos compañeiros da clase dos "Coelliños Brancos", a clase de Manolo, pero ao chegar alí atopámonos coa entrada dun castelo tenebroso que tivemos que traspasar, e dentro ........dentro estaban agochados todos os nenos/-as e un bruxo malvado que nos meteu un susto........ senón botade un ollada ao video.
CLUB DE LECTURA 3º CICLO
Hace 2 semanas
hola Laretas, casi morro co medo ¿segue o cole cheo de esqueletes?¿marchou xa o malvado bruxo?
ResponderEliminarSodes todos uns valentes.
Pepé (mamá de Marcela)
¡Pero que caras máis feas! ¡Iso si que da meeeeeeeeeeedo! Un bico mostroso para os terroríficos laretas
ResponderEliminarMoitas grazas a todos/-as pola vosa participación. Aos nenos/-as lles gusta ver que vos interesades polos seus traballo.
ResponderEliminarSeguide vendo o blog. Atoparedes cousas novas.