

A mamá de Marcela trouxonos novas do primo do loro Laretas que vive no Perú. Lémolo no blog e ademais aprendemos moitas cousas sobre ese país. Animámosvos a lelo.
Despois Marcela nos deu a cada un o agasallo que nos enviou. ¡Menuda a que montamos na clase!. Non parabamos de falar de berrar, xogando con nosos paxariños, así que a profe suxeriu facer unha casiña para cada un co seu debuxo e deste xeito non se nos perderán.
Despois pensamos en como agradecer este fermoso agasallo, e, a maioría dos cativos pensamos en facer unha obra de teatro ..."porque son títeres como os que se ven no teatro".
Agora temos un grande traballo por diante: investigar como se escribe un acto teatral; características, formato do texto, contido para cada personaxe.... e diseño e grabación da nosa representación.
Pero con tempo farémolo e o subiremos ao blog.
De parte de "os laretas" moitííííísimas grazas á mamá de Marcela pola súa colaboración.
¡¡¡qué bonitas esas marionetas!!!seguro que vos queda unha obra chulísima. Sabedes, eu coñezo outro primo do loro laretas, éste non vive en Perú, vive en Vigo e chámase Rufo. E tampouco vive na selva, vive nunha casa con xente. A súa dona mandoume un vídeo de Rufo para vós. Rufo é moi falador, sabe cantar moitas cancións (a que máis lle gusta é a da vaca leiteira)e tamén sabe dicir ¡NOO! moi alto, pero é un pouco tímido e diante da cámara non quixo falar(¿Igual perdeu a voz como o loro laretas?), pero mandouvos un montón de bicos, eu non sabía como eran os bicos de loro pero despois de ver a Rufo quedoume claro. Mándovo-lo vídeo mañá por Pedro. Un bico lareteiro
ResponderEliminar