
Os Laretas estamos a ler moita poesía durante este mes de marzo, e nos está a gustar moito. Agora andamos a voltas co libro
VENTOS de Antonio G. Teijeiro e os poemas de
Uxío Novoneyra sobre a neve. Deste xeito o noso proxecto ¿porque neva? tamén bota unha ollada a literatura.
Dende aquí queremos animar a todas as familias a que leades poesía con nós e por iso imos facer algunhas recomendacións.
Hai moitas razóns para ler poesía:
- A poesía non require moito tempo , xa que os poemas adoitan ser breves.
- Lendo poesía melloras o teu vocabulario.
- Os poetas móstranche o mundo dende unha nova perspectiva .
- A poesía fai pensar. É un desafío a que a comprendas e a interpretes.
- A poesía tamén pode ser divertida.
¿Ainda non non estás convencido/-a?. Ofrecerémosche mais razóns.