OBRADOIRO INICIACIÓN MAQUEDO
Hace 6 meses
Este blog ten carácter educativo. Se algunha das imaxes publicadas está suxeita a dereitos de autor,comunicadeo para retiralas.
O luns fomos visitar a exposición de Pedro Solveira Collazo na Casa das Artes. Na clase aprenderamos que naceu en Vigo o 23 de novembro de 1932 e que viviu en Madrid e París; pero aínda nos quedan moitas cousas por aprender. Non vimos ningunha foto súa e cada un imaxinámolo dun xeito diferente. Ademais non chegamos a acordo sobre si é pintor, escultor ou carpinteiro. Con todas estas hipóteses tampouco poidemos aclararnos sobre cal será a sua técnica de traballo aínda que nos pensamos en varias: acuarela, témpera, carbonciño, lápices de cores no caso de que sexa pintor; barro, metal, papel ou area no caso de que sexa un escultor e como non madeira por si é carpinteiro. Ata nos preguntamos se utilizará números nas suas obras.Patatín Patatán
El fantasma Cucufate