Os laretiñas de 2º A e os laretóns de 2º B imos participar como deportistas de esgrima e para iso puxémonos en contacto por correo electrónico con varios clubes de esgrima de Vigo e......
¡SORPRESA! ¡SORPRESA!
Imos contar cunha clase presencial impartida polo monitor do clube Yann o que nos vai garantizar unha medalla olímpica nos xogos Balaidos 2012 que terán lugar o vindeiro día 17 de febreiro.
Se queredes aprender mais cousas sobre os xogos olímpicos visitade o blog da biblioteca:
"O recuncho de Xoan".
Agora estaredes preguntándovos como imos ir vestidos. Pois esta será a nosa vestimenta:
- Pantalón branco ou leggins brancos
- Chaqueta ou xersei branco
- Unha luva negra para a man armada
- Tenis brancos
- Máscara feita cun colador ao que lle coseremos un peitoral.
- Florete
