
Investigando, investigando xurdiunos a idea de entrevistar a algún deportista así que a semana que ven teremos a oportunidade de falar con Luís Fernández Oliveira.
Ademais teremos a oportunidade de obter o noso carné de ciclista se superamos as probas, práctica e a teórica.
¿Cómo o faremos?
A Fundación Oscar Pereiro nos preparará un circuito no patio do cole que voluntariamente poderemos facer.
Manterémosvos informados.
Hola, son Miguel, pero comento coa conta do meu pai.
ResponderEliminarEu divertinme moito facendo o circuito e xa teño ganas de ter o meu carné.
Os meus pais e a miña irmá Rosana entraron hoxe no blog comigo e eu llo lin.
Mañá pola mañá vou a dar unha volta en bici co meu pai. Se alguén quere vir estaremos no paseo do Lagares preto dos coellos.
Ata o luns, compañeiros laretas.