lunes, 14 de marzo de 2011

ENTROIDO E ENTERRO DA SARDIÑA

AÍNDA QUE UN POUCO TARDE AHÍ VAI A NOSA REPORTAXE SOBRE ESTE ENTROIDO 2011





VISITA A MEIRO EN BUEU

O vindeiro mércores imos de excursión a Meiro, en Bueu, para coñecer de primeira man a laboura da asociación cultural do lugar en favor do rexurdir do millo corvo e alí, teremos a ocasión de profundizar no Ciclo do Pan.
Para ir entrando en materia os Laretas xa fixemos un video sobre a historia do millo:



jueves, 10 de marzo de 2011

POXIMO RECITAL DE POESÍA

O vindeiro 21 de marzo é o DÍA DA POESÍA e os Laretas laretiñas e laretóns non queremos perdernos tan importante data, así que somos os primeiros en apuntarnos ao II RECITAL DE POESÍA que organiza o biblioteca do centro para o vindeiro 22 de marzo. Alí estaremos!
E ademais esperamos que tamén se inscriban moitos papás, mamás e avós para non ser, só nós, os protagonistas.
Se vos gusta a poesía, e si non tamén, que vos acabará gustando, botade un ollo a esta pequena escolma lareteira.

sábado, 5 de marzo de 2011

ASÍ VAI O NOSO PROXETO DOS BOSQUES

Os Laretas andamos moi ocupados coas nosas pescudas sobre o bosque de Galicia. Como xa dixemos andamos tamén a voltas co libro A selva de Tuga e ,que mellor, que facer un estudo comparativo entre o noso hábitat e o habitat da nosa amiga tartaruga. O resultado éun inmenso traballo plástico no corredor donde se representan distintos tipos de bosques: continental, cun espazo para o bosque típico de Galicia: a fraga; o bosque tropical; a sabana e o deserto.


Para a sua composición utilizamos materiais de refugallo: tubos de cartón, plásticos, teas, bolsas do lixo, periódicos e revistas, papel.......combinados con materiais naturais ( pedras, ramas, e especies vexetais autóctonas: fentos, piñeiro, prantas enredaderas...

Cada un dos bosques está delimitado co seu nome e serve de base para a pescuda das variedades vexetais do noso entorno. Temos xa un bosque galería formado por bidueiros feitos a escala  con papeis de revitas, conseguido despois de laboriosas sesións de manexo e utilización do metro e o compás.



¿QUEREDES SABER COMO FIXEMOS?

Baseándonos en textos escritos, que buscamos previamente na biblioteca do centro, sobre as especies mais comúns do noso entorno, sentimos curiosodade por experimentar a altura real dalgunhas destas árbores e o grosor do seu tronco.En grupo, fomos elaborando na pizarra un cadro de dobre entrada que reflectise o díámetro de cada tronco.

Nun intento de facelo co compás descubrimos que nos saían troncos mais grandes cas medidas rexistradas, así que ,despois de varios intentos chegamos a conclusión de que había que ter en conta a metade do diámetro para facer a circunferencia do tronco coa medida exacta.


O seguinte paso foi completar as táboas coas medidas correspondentes á metade do diámetro (o radio).


Con estas medidas baixamos ao patio e trazamos no chan os troncos e as alturas das árbores a tamaño real.

Unha vez feito esto comenzamos a pescudar como facer o bosque galería no corredor. Escollemos os documentos escritos sobreárbores e anotamos na pizarra as alturas de cada unha delas.Xa comprobaramos no patio que dentro do cole esas medidas no caben , así que cavilamos como pasar esas medidas a un papel e que quedasen proporcionais.
Empezamos buscando debuxos de cousas grandes, mais grandes ca aula. E... chegamos aos mapas . Despois de explicar as escalas fixemos todos xuntos na pizarra a nosa escala coas alturas das árbores. A cada metro de altura ´lle corresponde un centímetro sobre o papel. Comprobamos que nos quedaban árbores moi pequenas así que decidimos darlle dous centímetros por cada metro de altura. E sin querer xa estabamos traballando co concepto de dobre.


 




viernes, 4 de marzo de 2011

VISITA AO MERCADO MUNICIPAL DO CALVARIO

Os Laretas pasamos unha divertida mañá no mercado municipal do Calvario coñecendo alimentos da nosa terra nas súas variedades fresca e envasada.
Empezamos a xornada cun breve paseo pola rúa peatonal do Calvario e poidemos contemplar o estilo de vivenda antigua comparada cos edificios modernos. Ademais observamos a variedade de prantas ornamentais e árbores que atopamos pola rúa, fixándonos na súa folla, tronco,... aplicando os coñecementos adquiridos no proxecto de investigación dos bosques.
Tivemos a oportunidade de preguntarlle ao carniceiro, ao froiteiro e á florista si no mercado podíamos mercar algunhas das especies animais e vexetais dos nosos bosques e mira ti por donde atopamos: coello, e perdiz, e soubemos que tamén, noutras carnicerías, existe a posibilidade de atopar carne de cabalo , becerra ou xabarín....Atopamos castañas e froitos típicos do bosque tropical, e algunhas prantas aromáticas .







 

jueves, 10 de febrero de 2011

PAPIROFLEXIA

No cole estamos a investigar sobre os distintos tipos de bosques co gallo do Ano internacional dos Bosques (2011).
Para completar as nosas pescudas,esta semana contamos coa colaboración dunha nai lareteira, CRIS, a nai de Breixo Domínguez que viu a clase a ensinarnos cómo facer rás e saltóns de papel para o noso mural do corredor.
Pasámolo pipa e aquí  están os resultados.
 

miércoles, 2 de febrero de 2011

DÍA DA PAZ

O pasado venres 28 de xaneiro, e como xa é costume todos os anos, conmemoramos o DÍA DA PAZ no cole. A partires das 12:30 saímos ao patio e, antes da lectura do manifesto pola paz, elaborado polos alumnos/-as de 6º de primaria, fixemos xogos cooperativos organizados polos mestres de educación física. Alí estaba Rafa dirixindo e animando a participar a todo o alumnado e mestres.
Para finalizar unha canción: Funga Alafia.

 
Se queredes ver fotos da celebración de ese día no cole tamén poderedes facelo na galería da web do colexio ou ben clicando aquí.

No Atlantico Diario do mércores 2 de febreiro podedes ver unha reportaxe sobre esta actividade do centro.
Na clase traballamos este tema por medio dunha montaxe no EDI (encerado dixital). Podedes acceder a el por medio deste enlace, pero tende en conta que para abrir o documento precisades o programa.